Eventos
Últimos días para anotarse á gran paellada de San Martirio de Condes, en Friol
Os socios poderán participar de balde e para os non socios hai unha cota de 20 euros
Castro de Rei remata coa malla a celebración da súa tradición agraria
A asociación Amigos da Feira organiza un programa que combina demostracións etnográficas, artesanía, música tradicional e gastronomía popular
Festas de Vilalba: As mellores orquestras para os vermús e as verbenas
O sábado 29, será unha das primeiras grandes xornadas de verbena, cun programa que contará coa participación do grupo La Bamba e coa orquestra Galaxia
San Xoán de Apregación está de festa a fin de semana
O grupo Sensaciones será o encargado da verbena do sábado, na que tamén actuará DJ Seijo
Xermade acolle un Curso de Introducción á Lingua e á Cultura Galegas
As clases impartiranse na Biblioteca Municipal de Xermade en horario de 16.00 a 18.30 horas, os días 28, 29 e 30 de setembro; e 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro
Pacios acollerá o 30 de agosto a súa primeira Malla Tradicional
A xornada celebrarase no Campo da Feira e incluirá a recuperación dun traballo tradicional, música, xantar popular e unha exposición de vehículos de época
Muras prepara a XXXVIII Feira do Poldro e do Gando do Monte, que se celebrará o 27 de setembro
A feira volverá reunir na Gañidoira animais e produtores nunha celebración que ten entre os seus principais protagonistas os poldros e o gando do monte
A Xira, a antesala das festas patronais de Vilalba para todas as idades
Este mércores será a quenda dos maiores, que farán un xantar, e a fin de semana seguinte será para a mocidade
A Banda Filarmónica de Lugo actuará no Aeródromo de Rozas o venres
As persoas interesadas en asistir deberán enviar un mensaxe privado aos organizadores indicando o nome e o número de acompañantes
Mariz celebra desde hoxe as festas na honra de San Bartolomeu con música e tradición
A noite do martes, na verbena, a música correrá novamente por conta do Grupo Jaque e do Combo Dominicano, que poñerán o punto final ás celebracións
Santa María de Lamas, en Friol, celebra as súas patronais a última fin de semana de agosto
O domingo haberá un tardeo, de 19. 00 a 21. 00 horas, dan man do grupo Jaque
Unha festa que mantén viva a memoria do rural reúne milleiros de persoas en Meira
A XXXIV Festa da Malla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, pechou este domingo unha fin de semana dedicada ás tradicións e aos antigos labores agrícolas
A Rubia Galega volve ser protagonista nunha feira que reivindica o futuro da gandería en Friol
A XIII Feira de Gando Vacún de Carne reuniu explotacións, exemplares de gran calidade e público nunha xornada dedicada tamén ás razas autóctonas galegas
Castro de Rei continúa coa tradición agraria celebrando este domingo a meda
A asociación Amigos da Feira organiza un programa que combina demostracións etnográficas, artesanía, música tradicional e gastronomía popular
O trío Detrés actuará este sábado en Friol
O espectáculo terá lugar no Parque Rosalía de Castro a partir das 19.00 horas, con entrada libre para todos os públicos
Martul acollerá unha degustación de produtos autóctonos con empanada de galiña de Mos e Porco Celta
Será o prato forte dunha programación que comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne e continuará ás 13.30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse
Quintela, en Castro de Rei, estará de festa esta fin de semana
A música correrá a cargo do grupo D' Kris, Dj Bombardero e o dúo Venus
Roupar celebra as festas na honra a San Pedro Fiz con tres días de música e actividades
As celebracións comezarán o venres cunha festa infantil que contará con merenda gratuíta, e a tradicional degustación de Bola de Liscos, seguida dunha verbena amenizada polo Dúo Venus
Bonxe pechará as festas de San Mamede cunha degustación de carne de vacún Cachena e xamón de Porco Celta
As celebracións comezarán este venres, 21 de agosto, cunha verbena amenizada por Tapyöka e DJ Alejandro Martínez
A maxia e o humor de José Rivera encherán de ilusión Baamonde cun espectáculo familiar gratuíto
'ZASCA!' chegará á praza de Baamonde este venres, 21 de agosto, cunha proposta participativa pensada para pequenos e maiores
Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino nun acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo
O recoñecemento entregarase o 20 de agosto en Oza (Teo) e distinguirá a traxectoria do xornalista e activista cultural natural dos Vilares, en Guitiriz
A tradición do campo volverá tomar as rúas con dous días de festa na XXXIV Festa da Malla de Meira
A cita celebrarase o 22 e o 23 de agosto con demostracións de maquinaria antiga, música, gastronomía, xogos e a tradicional queima da meda
A Romaría da Capela de Bascuas quenta motores para o 15 de agosto con música, comida popular e actividades para toda a familia
A organización mantén aberto ata o 10 de agosto o prazo de reserva para o xantar campestre, un dos momentos centrais da celebración en San Salvador de Bascuas





