Novas de Meira
Meira acollerá en decembro o VI Campionato de Tute
Contará cun máximo de 32 parellas participantes e os premios para os primeiros postos serán de 750, 350, 200 e 100 puntos respectivamente
A Asociación Cultural Avelino Díaz lembra ao poeta no 129 aniversario do seu nacemento
As actividades comezarán este sábado coa representación da obra 'Alma de Grilo', de Ítaca Teatro, que terá lugar no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto
A Casa da Cultura de Meira acolle este sábado a representación teatral de 'A herencia de Xoana'
A obra é unha comedia costumista galega que xira arredor do sorprendente testamento que deixa unha anciá tras pasar os seus últimos días nunha residencia
O IES Pedregal de Irimia de Meira celebrou unha nova edición da súa exposición de cogomelos
Desde o centro educativo destacaron a importancia deste tipo de actividades para aprender máis sobre o medio natural e concienciar sobre a diversidade de especies da contorna
A III Festa da Xuventude de Meira celebrarase este sábado cun xantar e tardeo
Para rematar, ás 22.00 horas arrincará a verbena coa actuación de DJ Cosme e La Banda de Ayer, ademais de repartir liscos gratis para todos
Eme de Meira organiza o seu magosto anual o sábado
A xornada festiva dará comezo ás 16.30 horas coa proxección do documental 'Crónicas dun Non!'
A agrupación teatral Xa-Tá representa esta tarde en Meira a comedia 'Por un puñado de grelos'
A función comezará ás 22.00 horas na Casa da Cultura e contará cunha obra escrita por Guillermo Canceló
A oficina rural de Meira renova as súas instalacións e reúne servizos agrarios e forestais en 700 metros cadrados
A Xunta rematou as obras de reforma e adaptación do inmoble, no que traballa arredor dunha trintena de profesionais e que tamén acolle a Base de Unidades Operativas contra os incendios
Un piano de cola tomará unha praza lucense durante dez horas para achegar a música a todos
'Pianos na rúa' chegará o 14 de outubro a Meira dentro dunha iniciativa que tamén instalará outros dous instrumentos en Lugo con motivo do 30º aniversario da Fundación Ricardo Delgado Vizcaíno
O Concello de Meira convoca de novo o curso de costura
A formación desenvolverase todos os xoves en horario de tarde, concretamente de 16.00 a 19.00 horas, a partir do vindeiro xoves 8
Xeixosmil celebra as festas na honra á Virxe das Mercedes esta fin de semana
A programación inclúe churrascada, verbenas e diferentes actos relixiosos con actuacións musicais durante as tres xornadas
Aberto o prazo de inscrición das escolas deportivas infantís de Meira
A inscrición deberá facerse na casa da cultura de Meira en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00 horas, sendo o venres 25 o último día
Meira acollerá un obradoiro de memoria e ximnasia de mantemento a partir de outubro
Trátase das dúas actividades das escolas deportivas municipais para adultos
Itaca Teatro levará a súa última obra a Navia de Suarna e Meira esta fin de semana
A primeira actuación terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural meirense e o domingo chegará á montaña, cunha función ás 19:00 horas na Praza do Concello
Meira rende homenaxe aos seus maiores cunha xornada de convivencia e recoñecemento
A tradicional Xuntanza dos Maiores reuniu este venres á veciñanza nunha celebración que contou coa presenza do alcalde, representantes da Deputación e do delegado do Goberno en Galicia
Abre o prazo en Meira para solicitar o servizo de conciliación para o vindeiro curso
O horario será polas mañás, de 8.00 a 9.10 horas e polas tardes, de 14.45 a 17.30 horas
Eventos
A XII edición do Roteiro Avelino Díaz percorre o camiño entre A Órrea e Meira
Durante a andaina inaugurouse un novo chantón realizado por Manuel Pardo López, que foi apadriñado polo escritor e profesor Mario Outeiro Iglesias
Meira acollerá novas clases de zumba a partir do 1 de setembro
A proposta está aberta a todas as persoas interesadas en practicar actividade física ao ritmo da música e manterse en forma nun ambiente dinámico e divertido
Unha festa que mantén viva a memoria do rural reúne milleiros de persoas en Meira
A XXXIV Festa da Malla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, pechou este domingo unha fin de semana dedicada ás tradicións e aos antigos labores agrícolas
A tradición do campo volverá tomar as rúas con dous días de celebración na XXXIV Festa da Malla de Meira
A cita terá lugar esta fin de semana con demostracións de maquinaria antiga, música, gastronomía, xogos e a tradicional queima da meda
Meira acollerá este xoves a presentación de 'Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980'
O acto terá lugar ás 20:30 horas no Espazo Cultural O Centro e contará coa participación de Iria Castro, Agustín Méndez, Yoani Jartín, Pablo Quintana e Tere Valcárcel
Máis de 240 xogadores participarán no Torneo 3x3 de Baloncesto NaturLeite Vila de Meira
A competición celebrarase o próximo 15 de agosto no marco das festas patronais e reunirá máis de 60 equipos de diferentes categorías
As festas do Quince en Meira darán comezo este venres
O pregón programado para as 22.30 horas a cargo de Pili da Librería, dará paso a unha gran verbena que contará coas actuacións da orquestra Fórmula e a discoteca móbil Hermo Disco Truck











