Novas de As Pontes
Entregaranse de novo composteiros domésticos nas Pontes o xoves
Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade
Últimos días para solicitar as axudas para material escolar no Concello das Pontes para o novo curso
As solicitudes poderán presentarse desde hoxe ata ao 30 de xullo de 2026, ambos incluídos, a través do Rexistro Xeral do Concello
As Pontes celebra o aniversario do lago cunha nova edición do Mar de Lecer
A programación está deseñada para ofrecer unha tarde-noite de lecer para todos os públicos, cunha variada proposta de espectáculos de rúa, música en directo e animación
A Fundación RIA únese ao chamamento para frear a demolición das torres da central das Pontes
A entidade trasladou o seu respaldo a través dunha carta remitida á asociación, na que solicita que a demolición non se execute ata que se leve a cabo unha avaliación patrimonial
A Asociación de Patrimonio Industrial das Pontes insiste en reclamar protección para a cheminea da antiga térmica
Desde o colectivo lembran que o expediente administrativo actualmente en marcha expira no mes de marzo do próximo ano
A Deputación da Coruña financiará obras de mellora do local social pontés da Asociación Veciñal das Campeiras
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, visitou a entidade, que realizará diversos traballos de conservación e acondicionamento da súa sede
Festas As Pontes: Un fin de festa onde prima a amizade e a diversión
A Romaría da Fraga encherá a vila de música, tradición e festa os días 24 e 25 para poñer o colofón ás festas
Festas As Pontes: A Casa Dopeso acolle unha exposición de debuxos inspirados na música
A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.30 horas, mentres que para as visitas en sábado é necesario consultar previamente a dispoñibilidade
Amigus renova nas Pontes un curso de robótica para nenos
Desenvolverase durante a primeira semana de agosto, desde o luns 3 ata o venres 7, en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas
A Xunta comprométese a facilitar a convivencia dos intereses privados coa protección ambiental nas Fragas do Eume
Salienta que co fin de incrementar a superficie pública deste espazo natural, mantén activo o programa para comprar parcelas privadas a prezos baseados en valoracións técnicas obxectivas
Festas As Pontes: Os deportistas locais abrirán o programa
Como en anos anteriores, o pregón será grupal e quere render homenaxe a aqueles que compiten polas Pontes
As Pontes vivirá a final do mundial de fútbol diante dunha pantalla xigante na praza do Carmen
Os toldos abriranse ás 20:30 horas, coincidindo co inicio da retransmisión da final. Unha vez rematado o partido, dará comezo a verbena prevista para esa noite
Mikel Erentxun celebra os 40 anos de Duncan Dhu co concerto inaugural das festas das Pontes
Subirá ao escenario da Rúa 8 de Marzo este venres, 17 de xullo, ás 22.00 horas, nunha cita de entrada gratuíta
Un peche no Concello das Pontes reclama frear a demolición de parte da antiga térmica
A Asociación do Patrimonio Industrial reclama a protección de diversos elementos da antiga central térmica de Endesa e esixir que se respecten os acordos aprobados polas institución
Festas de As Pontes: Actuación da Escola de Acordeóns
Pecha o curso 2025-2026 cun balance moi positivo e cun dos mellores rexistros de participación desde a súa creación
Eventos
Festas de As Pontes: Actuación da Rondalla de As Pontes
A agrupación, que o próximo ano celebrará o seu 40 aniversario, pecha unha tempada marcada pola intensa actividade musical e pola preparación da súa efeméride
Festas das Pontes: Actividades para a cativada
Como broche final, o mércores 22 de xullo celebrarase unha gran tarde de xogos, inchables e festa da escuma na avenida da Coruña
O BNG das Pontes critica o atraso do parque canino da Canle IV e reclama melloras na súa execución
A formación nacionalista asegura que o proxecto continúa sen rematar tres anos despois do seu anuncio e lembra que o parque previsto para o Lago segue sen executarse
Arranca nas Pontes o programa das Festas do Carme e da Fraga, con máis de 50 actividades
O Concello aposta por unha programación que combina tradición, cultura, música e participación cidadá durante máis de tres semanas de celebración
A chegada do primeiro barco de SAIC a Ferrol marca o inicio dun proxecto chamado a transformar o futuro industrial da comarca
O proxecto prevé unha inversión inicial de 200 millóns de euros, a creación de arredor de 2.300 empregos directos e indirectos e unha capacidade produtiva de ata 120.000 vehículos anuais
Fiestas das Pontes: Este venres farase a marcaxe das parcelas para a Festa da Fraga
Esta acción realízase sempre a fin de semana anterior ao inicio das festas
O Museo Etnográfico Monte Caxado presenta un novo caderno especial polo seu 40 aniversario
O acto mantén a tradición consolidada nos últimos oito anos de situarse no venres previo ás populares Festas do Carme e da Fraga










