Novas de Guitiriz
A Escola Habanera de Guitiriz acolle este sábado o espectáculo teatral infantil 'Cantaruxa Catuxa'
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música
Abre o prazo e inscrición para as vacantes das Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz
As persoas interesadas poderán inscribirse en tantas disciplinas deportivas como desexen, sempre que existan prazas dispoñibles
Presentan en Guitiriz o II Encontro Galego de Agricultura Ecolóxica
A Xunta, a través de AGACAL, impulsa a celebración deste encontro, que terá lugar o vindeiro 17 de outubro en Parga
Últimos días para inscribirse no curso oficial de monitor de tempo libre de Guitiriz
Para participar será necesario ter cumpridos os 18 anos e contar co título da ESO ou equivalente
A Escola Habanera de Guitiriz acolle a próxima semana a charla ‘Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido’
A actividade, organizada pola asociación Dano Cerebral Lugo, terá lugar o 13 de outubro ás 16:30 horas e contará con entrada de balde ata completar capacidade
Guitiriz acolle a exposición de Iris Debasa, unha colección de 35 obras protagonizadas polos animais
A mostra inaugurarase na Escola Habanera o 8 de outubro e poderase visitar ata o día 29
“As pequenas cousas que se fan a diario son as que inflúen na vida dos guitiricenses”
Marisol Morandeira Morandeira encadeou dúas lexislaturas consecutivas no Goberno tras catro anos da tamén socialista Regina Polín, coa que compartiu Goberno
Sambreixo e Santa Mariña celebran as súas festas esta fin de semana en Guitiriz
Na primeira, a programación comezará a partir das 21.00 horas, cunha gran verbena amenizada por Fusión Latina
O Concello de Guitiriz inviste preto de 10.000 euros na mellora dos espazos de xogo dos centros educativos
A actuación, financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos 2026 da Deputación, permitiu realizar melloras no CEIP Lagostelle e no CEIP Santo Estevo de Parga
O Circuíto Profesional de Teatro inicia outubro as súas actuacións cunha parada en Parga
Trécola Producións porá en escea 'Gaela quere ser druída', o xoves 8 de outubro, ás 10.20 horas, no colexio de Santo Estevo, dirixido ao alumnado do centro
Regresan as clases de baile para maiores de 50 anos a Guitiriz e a inscrición xa está aberta
As sesións celebraranse os venres, de 17:00 a 18:30 horas, na Aula da Nave do Senpa, e comezarán o vindeiro 16 de outubro
O programa Guitiriz en Ruta retoma a súa actividade cun percorrido pola Pontenova
As Escolas Deportivas Municipais organizan para este domingo unha andaina de 16 quilómetros e dificultade baixa
Guitiriz acolle un taller sobre benestar emocional para xestionar o estrés e a carga mental
A actividade celebrarase este mércores, 23 de setembro, ás 16.30 horas na Escola Habanera e require inscrición previa nos Servizos Sociais municipais
Abre un novo prazo para cubrir as vacantes nas Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz
Ademais, o Concello habilitará novos grupos para dar resposta á demanda existente
O programa ‘Educando en Familia’ chega a varios concellos para acompañar as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos
Como novidade nesta edición en Xermade, o curso incorpora un servizo especializado de atención temperá a cargo dunha pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar
A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz desde o martes
Estará situada no polígono industrial en horario de mañá e tarde, agás o día 25 que será só na quenda matutina
Eventos
A Deputación de Lugo reactiva a obra da residencia de maiores de Guitiriz
Quedou aprobada a liquidación do contrato da obra da Casa da Botica e a determinación dos danos e perdas causados polo incumprimento da empresa, que está en concurso de acredores
O programa de termalismo do Goberno chegou a 25.000 beneficiados, explica Pedro Blanco
O delegado salientou que o Goberno democratiza “o dereito ao lecer e á desconexión” para as persoas maiores, que se beneficiarán este ano de preto de 29.000 prazas termais en 18 balnearios das catro provincias
Chegan este venres a Guitiriz os ‘Obradoiros contra a Desinformación’
A sesión combinará teoría e práctica e fomentará a participación para axudar ás persoas presentes a identificar información fiable
O Festival de Cine de Roca anuncia as curtametraxes finalistas da súa nova edición
As obras serán proxectadas o sábado 19 de setembro na Igrexa de Roca, ás 20.30 horas no caso das producións galegas e ás 22.00 horas no das non galegas
O cura de Momán reclama á Xunta a reparación urxente da LU-170, que comunica Parga con Cabreiros
Rodríguez Patiño sinala que a petición se formula «desde o respecto institucional, sen ánimo partidario e coa vontade de contribuír á procura dunha solución»
O PP acusa á CHMS de presentar en Guitiriz facturas de acordos pola Tarifa de Utilización da Auga xa rematados
Os parlamentarios de Lugo denuncian a “anomalía xurídica e económica” que supón este cobro
O XIII Festival de Cine de Roca levará a música e o cinema a Guitiriz do 17 ao 19 de setembro
A programación arrancará o xoves 17 no Café Pub Soa coa inauguración, a proxección de 'La marsellesa de los borrachos' e o concerto de Leo Arremecaghona











