Novas de Xermade
Cazás celebra as festas na honra á Divina Pastora a fin de semana
O sábado 10 celebrarase unha misa solemne, procesión coa actuación de Os Trapeiros dos Vilares e unha sesión vermú amenizada por Punto Clave
A Xunta prevé licitar este ano as obras de mellora da LU-170 en Xermade, que se executarían en 2027
A contestación da administración autonómica chega despois da petición formulada por Rodríguez Patiño, que denunciara o "moi deficiente" estado de conservación da estrada
A Asociación de Veciños de Roupar organiza un programa de ximnasia de mantemento para o curso 2026-2027
As sesións desenvolveranse na Escola Habanera os luns e mércores, das 18.00 ás 19.00 horas a partir do luns 5
Xermade propón oito retos lectores para fomentar a lectura entre o alumnado
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 5 de outubro, tanto no colexio como na biblioteca, onde os participantes poderán recoller o seu pasaporte lector
O programa ‘Educando en Familia’ chega a varios concellos para acompañar as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos
Como novidade nesta edición en Xermade, o curso incorpora un servizo especializado de atención temperá a cargo dunha pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar
A Asociación de Veciños de Cabreiros incorpora un curso de baile tradicional galego á súa programación
A nova proposta estará impartida por Antía Franco Caaveiro todos os venres ás 16:30 horas, mentres continúan o club de lectura, a pandeireta, a ximnasia e o pilates
Xermade prepárase para acoller esta fin de semana o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
Esta cita, que se celebrará ata o domingo, contará coa presenza de Pierre Cornélis, Kevin Hutson, Paulo de Tarso e Lolo Castro
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
Concello de Xermade e Xunta unen esforzos para mellorar infraestruturas e servizos
O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde, Roberto García, algúns dos últimos investimentos realizados polo Goberno galego así como proxectos de futuro para o municipio
Sotavento convoca unha nova edición do concurso de fotografía
Ten un único premio en metálico de 400 euros e o prazo de entrega remata o 1 de xuño
Últimos días para anotarse ao Curso de Introducción á Lingua e á Cultura Galegas de Xermade
As clases impartiranse na Biblioteca Municipal de Xermade en horario de 16.00 a 18.30 horas, os días 28, 29 e 30 de setembro; e 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro
O CIM móbil achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Xermade este xoves
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 11
A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal
A Deputación adxudica as obras en catro estradas de Xermade, que conflúen no casco urbano
Trátase dunha nova obra aprobada en Xunta de Goberno este venres, dentro dun paquete dun millón de euros
Xermade acolle un Curso de Introducción á Lingua e á Cultura Galegas
As clases impartiranse na Biblioteca Municipal de Xermade en horario de 16.00 a 18.30 horas, os días 28, 29 e 30 de setembro; e 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro
Sotavento celebra 25 anos de historia a través dunha exposición
A mostra física poderá visitarse ata mediados de setembro dentro das visitas guiadas habituais que se levan a cabo con reserva previa
Eventos
Recollen doazóns de sangue este martes en Xermade
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12 horas ao lado do Concello e de 12.30 a 14.00 en Roupar, na Casa Nova
A SD Cazás conquista o XIV Trofeo Concello de Xermade nos penaltis
O equipo impúxose á SDC Cabreiros nunha final igualada que rematou 1-1 e tivo que resolverse desde os once metros
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
A repotenciación do parque eólico Serra da Loba inicia a exposición pública con cinco aeroxeradores de maior potencia
O proxecto, que afecta aos concellos de Aranga, Monfero, Guitiriz e Xermade, prevé unha potencia total de 36 MW e poderá recibir alegacións durante 30 días
Xermade prepárase para vivir tres días de festa con grandes orquestras e tradición na honra da Nosa Señora
As celebracións desenvolveranse do 7 ao 9 de agosto con verbenas, actos relixiosos, sesións vermú e pinchos gratuítos na xornada inaugural
As festas patronais de Xermade terán lugar esta fin de semana cun amplo programa relixioso, musical e gastronómico
As actuacións dos dúos Venus, Boreal e Fénix, das orquestras Alianza e Fania Blanco Show e a tradicional procesión en honra á Nosa Señora centrarán unha programación pensada para todos os públicos
Sotavento convida a descubrir o potencial da enerxía solar cunha xornada especial coincidindo coa eclipse do 12 de agosto
O parque eólico experimental de Xermade organizará obradoiros, demostracións e visitas guiadas para achegar ao público as múltiples aplicacións do Sol como fonte de enerxía











