Novas de Xermade
A Copa Concello de Xermade reunirá aos catro equipos do municipio na súa XIV edición do Trofeo Manuel González Fernández de fútbol
Roupar, Cazás, Cabreiros e Xermade competirán entre os días 8 e 16 de agosto por un título xa consolidado no calendario futbolístico local
Sotavento convida a descubrir o potencial da enerxía solar cunha xornada especial coincidindo coa eclipse do 12 de agosto
O parque eólico experimental de Xermade organizará obradoiros, demostracións e visitas guiadas para achegar ao público as múltiples aplicacións do Sol como fonte de enerxía
Hoxe remata o prazo para anotarse á Romaría de Goiá, que se celebrará este sábado en Lousada de Arriba
A programación continuará durante a tarde cunha verbena na que volverá actuar o grupo Son de Festa, acompañado nesta ocasión pola Charanga A Mekanika
A Biblioteca Municipal de Xermade pechará por vacacións entre o 27 de xullo e o 10 de agosto
Os préstamos cuxa data de devolución coincida co período no que a biblioteca permanecerá pechada non serán sancionados
Cabreiros celebra as festas na honra a Santa Mariña esta fin de semana
O venres, a partir das 23.00 horas, dará comezo a verbena coas actuacións de Dj Zalo e JB Son
Xermade abre o prazo para inscribirse nun novo campamento de verán
Terá lugar entre o 27 de xullo e o 14 de agosto en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas
A ITV móbil agrícola estará desde o día 7 en Xermade
A unidade estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial
A Asociación de Veciños de Cabreiros organiza unha viaxe de sendeirismo por Cangas do Morrazo
A organización informou de que o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 8 de xullo
A Deputación adxudica as obras da estrada entre Palas e Friol e licita outra actuación en Xermade
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización
Organizan en Roupar un obradoiro sobre remedios tradicionais con plantas medicinais autóctonas
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 19.30 horas e está dirixida ás persoas interesadas en coñecer os usos e aplicacións da medicina popular
A Biblioteca de Xermade entregou os premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas
Tivo lugar a representación teatral 'As letras que voan con nome de muller', a cargo de Trémola Teatro
Momán convoca as festas na honra a San Antón o sábado 13 de xuño
Os actos comezarán ás 13:30 horas cunha misa solemne e a continuación, terá lugar a tradicional procesión e a sesión vermú que estará amenizada polo grupo Eureka
Xa se poden pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán de Xermade
Estas solicitudes deberán presentarse no Concello antes do día 19 de xuño
A Capela de Santa María acolle a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos
A mostra reúne máis de 70 pezas realizadas por artesáns e artesás participantes no Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade
O CIM móbil continúa o seu percorrido visitando 13 concellos da provincia de Lugo este mes
O novo delegado territorial, Alfonso Villares, visitou hoxe en Xermade un destes centros, que ofrecen información e asesoramento gratuíto en materia de igualdade e violencia de xénero
Xermade celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente cunha proposta teatral para descubrir a vida das árbores
A iniciativa ofrecerá unha experiencia singular para achegar aos máis novos á figura da árbore desde unha perspectiva biolóxica, simbólica e emocional
Lousada de Arriba prepárase para celebrar as festas de San Andrés e San Xoán
Ademais, anúnciase xa a celebración da Romaría do Goia, prevista para o 1 de agosto, que estará amenizada polo dúo Festa e a charanga Loubán
O Xermade conquista a Copa tras vencer pola mínima ao Ferreira
O club xermadés puido celebrar a conquista dunha copa histórica para o club, que suma así o primeiro título desta competición nos seus 46 anos de historia
Cazas celebrará o día 30 unha gran xuntanza popular no Campo da Pastora
Durante a tarde haberá animación musical a cargo do DJ Señor Magick e actividades para o público infantil
Cabreiros remata este sábado as Letras Galegas nas Xornadas Interxeracionais Rurais
Durante esta xornada daranse a coñecer diversos traballos premiados en edicións recentes no certame Xermade na Historia, centrados en aspectos demográficos, sociais e culturais do municipio
A Xunta entrega catro vivendas públicas nas localidades de Outeiro de Rei e Xermade
O delegado instou a todas as persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia
A Asociación XERando celebrará o 20 de maio a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Xermade
Será no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Xermade, situado na Avenida das Pontes
Xermade acollerá un obradoiro sobre envellecemento activo promovido por Afalu Alzheimer
A iniciativa busca abordar conceptos clave e factores que inflúen no benestar durante a etapa adulta





