Novas de As Pontes
A Faeira prepara as festas na honra da Virxe do Rosario cunha ampla programación musical
A programación comezará o venres cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas
Organizan nas Pontes dúas charlas sobre o proxecto das instalacións da Rede de Transporte de Enerxía Maciñeira-Naraío
A primeira das reunións terá lugar hoxe, xoves 1 de outubro, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Painceiras, en Ribadeume, mentres que a segunda celebrarase o martes, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Saa
As Pontes volve convocar o MOVA para os días 31 de outubro e 1 de novembro
Todos aqueles comercios interesados en participar poderán inscribirse, ata o 7 de outubro
As Pontes abre un novo grupo de iniciación ao gancho para aprender desde cero
As clases están deseñadas para comezar desde os coñecementos máis básicos e avanzar de maneira progresiva
As Pontes acollerá este sábado o International Krav Maga Training Camp 2026
O evento, organizado pola Escola HKF de Defensa Persoal e Policial, conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña
Un incendio nunha planta de reciclaxe das Pontes deixa un bombeiro ferido
O lume, que afectou a un silo do polígono industrial dos Airíos, quedou controlado mentres continúan os labores de extinción
Iván Pena, subcampión do mundo na Sopela Kosta Fest
O deportista do Club Náutico Folixa logra a segunda posición na categoría Master HP e recibe tamén o premio á mellor caída do campionato
Arrancan nas Pontes as obras de renovación da Rúa Real na súa fase 2
Esta intervención permitirá dar continuidade ás actuacións realizadas nos últimos anos nesta contorna, avanzando na modernización dos espazos públicos
Celebráronse as finais do II Torneo de Tenis Concello das Pontes
Marcos Fernández proclamouse campión na categoría Absoluto Non Federado, mentres que Teo Fernández logrou o título na categoría Infantil
As Pontes destina preto de 187.000 euros para as entidades culturais
A convocatoria municipal contempla 170.660 euros para actividades culturais e 16.000 euros para infraestruturas e equipamento
O BNG reclama ao alcalde das Pontes un compromiso na celebración do Concurso de Transición Xusta
O novo concelleiro do BNG, Dani Balseiro, evidenciou a necesidade crítica de subministración eléctrica para case que a totalidade dos proxectos anunciados e en tramitación dende vai 4 anos
As Pontes aborda os retos do futuro industrial ante o crecente interese empresarial por Galicia
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participou no coloquio ‘As Pontes construíndo futuro’, organizado pola Asociación de Empresarios Seara
As festas das Campeiras e O Brixeo recupéranse esta fin de semana tras 25 anos
A programación esténdese ata o domingo 20 de setembro con actuacións musicais, sesións vermú, verbena, gastronomía, carpa cuberta e atraccións
As Pontes estrea un parque canino de 775 metros cadrados
O novo espazo conta con sete elementos de adestramento e enriquecemento canino e supón un investimento de aproximadamente 20.000 euros
A Deputación presenta o proxecto arquitectónico da Casa de Acompañamento aos Maiores (CAM) das Pontes
Valentín González Formoso destaca que a CAM será a primeira “dun novo modelo de atención residencial máis humano, próximo e pensado non como unha residencia ou un centro hospitalario, senón coma unha casa”
As Pontes acollerá este domingo a X Ruta BTT Terras do Eume
A proba, organizada polo C.C. Terras do Eume, contará con tres percorridos de entre 24 e 42 quilómetros e estará aberta a ciclistas de diferentes idades e categorías
Eventos
57 equipos e tres campións mundiais: así será o décimo EcoRallye A Coruña
A proba celebrarase do 17 ao 20 de setembro, percorrerá 35 municipios galegos e converterá María Pita nun centro de mobilidade eléctrica
A Biblioteca Rivera Rouco das Pontes acollerá tres presentacións de libros entre setembro e outubro
As citas celebraranse ás 20.00 horas e permitirán coñecer as obras de María Timiraos, Manuel Monge e Anxo Vidal
Besteiro esixe á Xunta que retire o plan de xestión das Fragas do Eume
O socialista participou en Cabanas nunha concentración convocada polas veciños afectados que levan
As Pontes acolle este domingo o Campionato Galego de Velocidade no Circuíto
A proba contará coa participación de diferentes categorías, entre elas as Clásicas Super Series, Clásicas 2T, SBK, Minimotos 4.2, MiniGP160 e MiniGP110
Sara Correia levará en outubro ás Pontes a súa voz representativa do fado contemporáneo
A artista portuguesa presentará no Auditorio Alovi o seu aclamado álbum 'Liberdade', unha obra que leva o fado a novos territorios sen perder as súas raíces
O Museo Etnográfico Monte Caxado acollerá este venres a presentación de ‘Rotspanier’
Juan Galán presentará nas Pontes a súa obra sobre o exilio dos republicanos galegos en Francia entre 1939 e 1945
As Pontes recupera o programa de promoción do envellecemento activo
A iniciativa busca contribuír á mellora da calidade de vida, favorecendo o mantemento da saúde física e mental, a prevención do deterioro físico e cognitivo e a redución de situacións de illamento











