Novas de Guitiriz
Btteando por Roca contou con máis de 50 ciclistas participantes
O grupo completou un percorrido polas diferentes aldeas e camiños da contorna de Roca, coñecendo o seu patrimonio, historia e contorna natural
O PP de Guitiriz denuncia que aínda non se aclarou a data de apertura da residencia de maiores
Antonio Ameijide subliña que a sinatura dun novo convenio por valor de 3,2M€, dos que a Deputación achega máis do 96 %, evidencia que o proxecto segue sen estar rematado
Concello e Diputación firman o convenio que permitirá rematar o CAM de Guitiriz na Casa da Botica
O acordo prevé unha achega provincial de 3.137.597,68€ e unha achega municipal de 115.016,74 euros, o que eleva o total do investimento a 3.252.614,42 euros
A Escola Habanera de Guitiriz acolle este sábado o espectáculo teatral infantil 'Cantaruxa Catuxa'
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
O Club Atletismo de Guitiriz celebra a súa II Gala para recoñecer aos seus deportistas
O Premio á Superación recaerá en Óliver, nun acto co que a entidade pretende recoñecer tanto os logros deportivos como o esforzo e a evolución dos seus integrantes
Carlos Dias presenta en Guitiriz un libro sobre a recuperación da memoria histórica de Galicia
Durante a presentación, o autor estará acompañado por Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos e responsable do prólogo da obra, así como polo historiador Esteban Roca Núñez
A Escola Habanera de Guitiriz acolle a próxima semana a charla ‘Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido’
A actividade, organizada pola asociación Dano Cerebral Lugo, terá lugar o 13 de outubro ás 16:30 horas e contará con entrada de balde ata completar capacidade
Guitiriz restrinxe o tráfico nun dos carrís da ponte dos Caneiros polo seu estado de conservación
A medida adoptouse tras recibir un informe da Confederación Hidrográfica, no que se determina a necesidade de realizar unha actuación nesta zona para garantir a seguridade
Volve a Guitiriz o programa Recreos con froita
O obxectivo que persegue o goberno local é incrementar e afianzar o consumo de froita durante a infancia
O Circuíto Profesional de Teatro inicia outubro as súas actuacións cunha parada en Parga
Trécola Producións porá en escea 'Gaela quere ser druída', o xoves 8 de outubro, ás 10.20 horas, no colexio de Santo Estevo, dirixido ao alumnado do centro
O Cross Popular Vila de Parga estrea palmarés cunha ampla participación
Na carreira absoluta masculina, Esteban Díaz Pérez conseguiu a vitoria e María Carballido Castro gañou na feminina
Negradas celebra as súas grandes festas na honra de San Miguel esta fin de semana
La Conexión, Fania Blanco Show, Principal e Alabama serán as encargadas do apartado musical
Abre a inscrición para un nuevo obradoiro de estimulación cognitiva e memoria en Guitiriz
Haberá dous grupos, un en Parga e outro en na propia capitalidade
O programa Guitiriz en Ruta retoma a súa actividade cun percorrido pola Pontenova
As Escolas Deportivas Municipais organizan para este domingo unha andaina de 16 quilómetros e dificultade baixa
Guitiriz acolle un taller sobre benestar emocional para xestionar o estrés e a carga mental
A actividade celebrarase este mércores, 23 de setembro, ás 16.30 horas na Escola Habanera e require inscrición previa nos Servizos Sociais municipais
Eventos
Abre un novo prazo para cubrir as vacantes nas Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz
Ademais, o Concello habilitará novos grupos para dar resposta á demanda existente
O programa ‘Educando en Familia’ chega a varios concellos para acompañar as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos
Como novidade nesta edición en Xermade, o curso incorpora un servizo especializado de atención temperá a cargo dunha pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar
“En Sestao sempre exercín de galego e sempre fun respectado por selo”
Raúl Río recibiu o Caxato de Avelino polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas
Arranca o XIII Festival de Cine de Roca, que levará a música e o cinema a Guitiriz esta fin de semana
A programación arrancará hoxe, xoves, no Café Pub Soa coa inauguración, a proxección de 'La marsellesa de los borrachos' e o concerto de Leo Arremecaghona
O programa de termalismo do Goberno chegou a 25.000 beneficiados, explica Pedro Blanco
O delegado salientou que o Goberno democratiza “o dereito ao lecer e á desconexión” para as persoas maiores, que se beneficiarán este ano de preto de 29.000 prazas termais en 18 balnearios das catro provincias
Chegan este venres a Guitiriz os ‘Obradoiros contra a Desinformación’
A sesión combinará teoría e práctica e fomentará a participación para axudar ás persoas presentes a identificar información fiable
Abre o prazo de inscrición en Guitiriz para o curso de cerámica e a UNED Sénior
O primeiro contará con grupos os xoves pola tarde e os venres en horario de mañá e tarde, con prazas limitadas e preferencia para as persoas empadroadas











