Novas de Muras
Muras organiza un curso gratuíto de iniciación á restauración en madeira durante os meses de novembro e decembro
A formación desenvolverase os martes, do 10 de novembro ao 22 de decembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas na Casa do Médico
Muras volverá habilitar un cargador para a venda de poldros para recría o 12 de decembro
Todos os animais deberán estar debidamente identificados e contar coa documentación regulamentaria para poder participar na operación
A oitava edición Trail das Bestas de Muras celebrarase o 8 de novembro
É unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e está integrada no circuíto Galicia Trail Running Series
A Xunta anuncia en Muras que se incrementará a variación de potencia dos proxectos eólicos para a súa modernización
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou as obras de repotenciación do parque eólico
A Balsa e Casateita celebran as súas festas esta fin de semana en Muras
O domingo ao medio día terán lugar as tradicionais poxas na segunda das localidades
O alcalde de Muras di estar “tranquilo” ante a investigación xudicial e ve na denuncia do PP "unha cortina de fume"
Manuel Requeijo cre que a orixe da denuncia do PP por prevaricación están na política enerxética do Concello, "que eles no comparten" e que se fundamenta, como explica "en pagar a luz a todos os veciños"
Muras arranca hoxe o programa da XXXVIII Feira do Poldro e do Gando do Monte
Para o público infantil haberá actividades de balde, bautismo hípico con Pony Club, unha charla sobre os cabalos, inchables e un touro mecánico
Muras presenta unha nova edición da Feira do Poldro, que se celebrará o 27 de setembro
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización da feira, que enxalza a tradición de gandería extensiva no concello
Muras acollerá este sábado o Gran Premio Ciclista Concello de Muras, puntuable para o Campionato de Galicia
A proba celebrarase a partir das 10.30 horas nun circuíto de 18,9 quilómetros que atravesará o Porto da Gañidoira
KParaprota achegará a Muras 'Latexos', as lendas galegas en clave de humor
O espectáculo, de 45 minutos de duración, terá lugar o venres 18 de setembro ás 19.00 horas na Casa do Médico
Muras organiza a carreira nocturna a Milla das Estrelas o venres
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 8 a través da páxina web
Muras organiza a carreira nocturna a Milla das Estrelas en setembro
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 8 a través da páxina web
Muras prepara a XXXVIII Feira do Poldro e do Gando do Monte, que se celebrará o 27 de setembro
A feira volverá reunir na Gañidoira animais e produtores nunha celebración que ten entre os seus principais protagonistas os poldros e o gando do monte
A Maleta Viaxeira chega a Muras con lecturas sobre feminismo e prevención da violencia de xénero
Permanecerá na localidade durante tres meses e as persoas interesadas poderán achegarse ao Concello para recoller os libros en préstamo
Muras incorpórase á Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero con doce novos títulos para fomentar a igualdade
A iniciativa da Subdelegación do Goberno achega lecturas sobre feminismo, autoestima, empoderamento e prevención da violencia machista a concellos de toda a provincia
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
Eventos
Unha eclipse total e a choiva de Perseidas unirán astronomía e natureza nunha noite especial en Muras
O Alto da Curuxeira acollerá o 12 de agosto unha observación guiada e gratuíta que permitirá seguir o eclipse e descubrir o ceo nocturno de Galicia
O BNG pide declarar a alerta por seca en Muras e reclama axudas para as explotacións gandeiras
A formación solicita á Consellería do Medio Rural medidas urxentes para compensar as perdas provocadas pola falta de choivas e garantir o abastecemento de auga
Últimos días para anotarse en Muras á tradicional Ruta Cabalar
Non é necesario facer a ruta para participar no xantar pero si é necesario apuntarse antes do venres, 31 de xullo
'Saberes do Monte' bota a andar para impulsar a conservación e o desenvolvemento sostible
O proxecto desenvolverase ata 2028 en áreas piloto como Os Ancares, O Courel, Negueira de Muñiz ou a Serra do Xistral, combinando a protección da biodiversidade co apoio ás actividades tradicionais do rural
A presidenta do PP puxo en valor o traballo de alcaldes e voceiros da zona norte da provincia nunha reunión en Vilalba
Candia destacou a constancia de Eugenia Requeijo no labor de fiscalización ao goberno nacionalista de Muras logo de presentar denuncia contra o alcalde por presunta prevaricación administrativa continuada
Pontón cualifica a denuncia contra el alcalde de Muras de "cacería política" por oporse aos intereses das eléctricas
Non nós van calar: O BNG vai seguir defendo o interese de Galiza fronte ao lobby eléctrico por moito que lle moleste a Rueda”, proclama
O PP de Muras leva á Fiscalía a contratación de servizos xurídicos realizada polo Concello desde 2015
A formación sostén que os importes abonados a varios despachos profesionais superarían amplamente os límites establecidos para os contratos menores











