Novas de Vilalba
Dakidarría abre este venres a progración do Iescha co gallo das festas de Vilalba
A programación, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación, inclúe a inauguración dunha mostra retrospectiva, a proxección do filme 'Antes de nós' e a homenaxe a Manuel María
Corbelle, en Vilalba, arranca as súas festas cunha degustación da empanada de mazás e bolo preñado
A organización, que a define como a máis grade de Galicia, inicia as celebracións a partir das 21.30 horas
Vilalba leva o comercio á rúa cunha nova edición da campaña
Desenvolverase do 20 ao 27 de agosto e sorteará dous vales de compra de 100 euros entre as persoas participantes
O Sindicato Labrego Galego acusa ao Concello de Vilalba de opacidade no proxecto de agrupamento de terras
Os representantes do SLG afirman que non foron informados oficialmente nin convocados a ningunha mesa de traballo sobre este asunto
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
Vilalba financiará ao 100 % os gastos das permutas de terras para favorecer explotacións agrarias máis rendibles
O Concello subvencionará os custos notariais e rexistrais das persoas propietarias que participen nun proxecto pioneiro para reducir o minifundio e a dispersión parcelaria
A Torre prepárase para tres días de festa con churrascada, verbenas e tradición na honra da Nosa Señora
A parroquia de Vilalba celebrará do 14 ao 16 de agosto unha programación que combina actos relixiosos, música en directo e actividades populares
Santaballa reivindicará o seu legado emigrante coa XVI Feira do Indiano
A cita celebrarase o 12 de setembro en Vilalba xunto ás XVI Xornadas sobre Migracións Indianas, dúas iniciativas que contan co apoio da Deputación de Lugo
Santaballa abre este sábado o programa da XVI Feira do Indiano e das Xornadas sobre Migracións Indianas
A Liga Santaballesa presentará a programación da edición deste ano nun acto que incluirá vermú musical e aperitivo popular
Máis de 200 metros de pista renovados para mellorar as comunicacións no barrio de Guntín
A actuación, executada coa maquinaria do parque móbil da Deputación de Lugo, forma parte do plan municipal de rexeneración de camiños e pistas no rural de Vilalba
O PP pide explicacións ao goberno de Vilalba pola situación da Policía Local
Os populares aseguran que houbo momentos sen efectivos de servizo durante o día e reclaman medidas para cubrir as prazas vacantes
Lanzós celebrará o 8 de agosto a festa na honra a San Salvador cunha xornada de convivencia e música baixo carpa
O último día para anotarse á tradicional comida campestre é o martes 4
Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Marineda
O Colectivo Patrimonio dos Ancares pide protexer e poñer en valor unha histórica fonte de Tardade
A fonte está construída con sillares de granito de boa factura e presenta un arco lixeiramente apuntado, un elemento arquitectónico característico do gótico que comezou a empregarse na Baixa Idade Media
O PP de Vilalba denuncia deficiencias na área de autocaravanas
Os concelleiros do Partido Popular tamén defenderán unha iniciativa para apoiar a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega
Eventos
OcioenGalicia
XXVII Feira do Libro de Monforte
OcioenGalicia
XXIII Festa do Pemento de Mougán
OcioenGalicia
Fiestas patronales de Xove
OcioenGalicia
Fiestas del 8 de O Valadouro 2026
OcioenGalicia
Festa do Marisco da Cofradía de Barallobre
OcioenGalicia
XI Festival Agrocuir 2026 de Monterroso
Bordelle celebrará esta fin de semana as festas na honra ao Apóstolo Santiago
O apartado musical do domingo correrá a cargo do dúo Son de Festa, cuxa actuación servirá para poñer o broche final e dar por rematados os festexos
O PP de Vilalba esixe ao goberno local “liderar” a ampliación do polígono industrial
Consideran “prioritaria” para o municipio esta actuación: “moito se leva falado, pero o goberno local non materializa nada”
Vilalba repartirá desde este luns máis de 4.000 gafas homologadas para observar con seguridade a eclipse solar
As persoas interesadas poderán recollelas no punto de información da Casa do Concello, en horario de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ata esgotar existencias
Continúan abertas as inscricións para a VIII Nocturna San Ramón de Vilalba que se celebrará o o 22 de agosto
A competición incluirá probas para as categorías de menores, desde pitufos ata sub-16, así como carreiras para as categorías xuvenil, sénior e veteráns A, B e C
Goiriz celebrará as festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana cunha intensa programación musical
As celebracións comezarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Galaxia
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este venres
O vehículo prestará servizo todo o día na rúa Plácido Peña
'Saberes do Monte' bota a andar para impulsar a conservación e o desenvolvemento sostible
O proxecto desenvolverase ata 2028 en áreas piloto como Os Ancares, O Courel, Negueira de Muñiz ou a Serra do Xistral, combinando a protección da biodiversidade co apoio ás actividades tradicionais do rural




