Novas de Xermade
Cazás celebra as festas na honra á Divina Pastora a fin de semana
O sábado 10 celebrarase unha misa solemne, procesión coa actuación de Os Trapeiros dos Vilares e unha sesión vermú amenizada por Punto Clave
A Xunta prevé licitar este ano as obras de mellora da LU-170 en Xermade, que se executarían en 2027
A contestación da administración autonómica chega despois da petición formulada por Rodríguez Patiño, que denunciara o "moi deficiente" estado de conservación da estrada
Xermade propón oito retos lectores para fomentar a lectura entre o alumnado
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 5 de outubro, tanto no colexio como na biblioteca, onde os participantes poderán recoller o seu pasaporte lector
A Deputación de Lugo entrega os VII Premios á Excelencia Turística a catro iniciativas
Os premiados: viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
Xermade abriu unha nova edición do Encontro Internacional de Torneiros, cita de referencia para a artesanía
Carmela López e José González participaron na inauguración dun encontro que reúne máis de 90 expositores e que se celebra ata o domingo con demostracións, formación e exposicións
Xermade prepárase para acoller esta fin de semana o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
Esta cita, que se celebrará ata o domingo, contará coa presenza de Pierre Cornélis, Kevin Hutson, Paulo de Tarso e Lolo Castro
O PP esixe a CHMS rectificar a "factura sorpresa" da auga do Concello de Xermade
Acusan á entidade de conca de xerar liquidacións anuais a 25 anos cambiando as regras do xogo “unha vez rematado o partido” e pasando de cooperar cos concellos a actuar como unha recadadora
Concello de Xermade e Xunta unen esforzos para mellorar infraestruturas e servizos
O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde, Roberto García, algúns dos últimos investimentos realizados polo Goberno galego así como proxectos de futuro para o municipio
O cura de Momán reclama á Xunta a reparación urxente da LU-170, que comunica Parga con Cabreiros
Rodríguez Patiño sinala que a petición se formula «desde o respecto institucional, sen ánimo partidario e coa vontade de contribuír á procura dunha solución»
Xermade celebra a XXI Festa das Persoas Maiores como unha xornada de recoñecemento e confraternidade
A festa serviu para render homenaxe ás veciñas e veciños de maior idade e poñer en valor o seu papel dentro da comunidade
O CIM móbil achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Xermade este xoves
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 11
A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal
Xermade acollerá este mes o XXVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
O encontro, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de setembro, contará coa presenza de Pierre Cornélis, Kevin Hutson, Paulo de Tarso e Lolo Castro
A UNED Sénior Coruña abre a matrícula para o curso 2026/2027 en sete concellos das provincias da Coruña e Lugo
Durante este curso, estará presente nas localidades de Lousame, Brión, Cambre, Paderne, Guitiriz, Xermade e Monfero, grazas á colaboración dos respectivos concellos
Sotavento celebra 25 anos de historia a través dunha exposición
A mostra física poderá visitarse ata mediados de setembro dentro das visitas guiadas habituais que se levan a cabo con reserva previa
O Parque Eólico Sotavento abrirá o día 7 o prazo de reserva de actividades
Poderase realizar as actividades nas instalacións do parque eólico, cun custo de 3 euros por persoa ou desprazar os obradoiros ao propio centro educativo
Eventos
OcioenGalicia
XLVIII Rally San Froilán
OcioenGalicia
VI Jornada de Degustación de la Ternera de Ancares
OcioenGalicia
«Compaña», de Xampatito Pato, en Casa da Cultura (Ordes)
Roupar celebra as festas na honra a San Pedro Fiz con tres días de música e actividades
As celebracións comezarán o venres cunha festa infantil que contará con merenda gratuíta, e a tradicional degustación de Bola de Liscos, seguida dunha verbena amenizada polo Dúo Venus
Momán celebrará as súas festas patronais os días 21, 22 e 23 cun amplo programa festivo
A programación arrancará o venres 21 cunha degustación gratuíta de liscos e chourizos
A eclipse na comarca da Terrachá: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A Terra Chá situaranse entre as zonas de Galicia con maior duración da eclipse total, cun fenómeno que superará o minuto e medio en boa parte do territorio
Xermade prepárase para vivir tres días de festa con grandes orquestras e tradición na honra da Nosa Señora
As celebracións desenvolveranse do 7 ao 9 de agosto con verbenas, actos relixiosos, sesións vermú e pinchos gratuítos na xornada inaugural
A Copa Concello de Xermade reunirá aos catro equipos do municipio na súa XIV edición do Trofeo Manuel González Fernández de fútbol
Roupar, Cazás, Cabreiros e Xermade competirán entre os días 8 e 16 de agosto por un título xa consolidado no calendario futbolístico local
Sotavento convida a descubrir o potencial da enerxía solar cunha xornada especial coincidindo coa eclipse do 12 de agosto
O parque eólico experimental de Xermade organizará obradoiros, demostracións e visitas guiadas para achegar ao público as múltiples aplicacións do Sol como fonte de enerxía
A localidade de Piñeiro, en Xermade, está de festa a primeira fin de semana de agosto
As celebracións comezarán o sábado 1 de agosto a partir das 13.00 horas coa celebración da misa solemne e a posterior procesión, que contará co acompañamento musical do grupo Os Trevillas






