Novas de Vilalba
Volve o 8 de novembro Vintalba, o mercado de segunda man de Vilalba
Concello abre ata o día 4 o prazo de inscrición para participar na quinta edición desta iniciativa
Alicia Morado, veciña de Codesido, celebra os seus 100 anos en Vilalba
A vilalbesa ecibiu a visita da alcaldesa da localidade, Marta Rouco, e da concelleira Paula Vigo
A Biblioteca Municipal de Vilalba xa leva o nome de Agustín Fernández Paz nunha homenaxe cargada de emoción
A filla do escritor, Mariña, descubriu a placa que dá nome ao centro nun acto no que tamén se puxo en valor a nova aula dedicada ao autor
Vilalba acollerá ata novembro a exposición 'O Herbario de Agustín'
A mostra convida a descubrir a relación entre literatura, ciencia e natureza a través das referencias ás plantas presentes nas obras de Agustín Fernández Paz
Vilalba reclama para Agustín Fernández Paz as Letras Galegas de 2028
O Concello e o Iescha descubrirán unha placa da biblioteca provincial, en recoñecemento ao escritor vilalbés
Publicadas as bases do Concurso de Fotografía de Samaín de Vilalba
O prazo para presentar as fotografías estará aberto do 29 deste mes ao 6 de novembro ata as 14.00 horas, ambos os dous días incluídos
Os socialistas de Vilalba piden ao PP unha valoración pública sobre os orzamentos da Xunta
Consideran que son un "castigo para os nosos veciños"
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este venres
O vehículo prestará servizo todo o día na rúa Plácido Peña
Marta Rouco acusa á Xunta de "castigar" un ano máis aos veciños de Vilalba nos Orzamentos
“Desde 2019 a 2027, son oito anos consecutivos nos que Vilalba non existe para o goberno galego”, lamenta a alcaldesa
O Concello de Vilalba e os empresarios de Sete Pontes reforzan a seguridade do polígono
O persoal municipal colocou os postes, executou as bases de formigón e instalou 1.500 metros de cableado eléctrico, cun investimento de arredor de 15.000 euros, para a instalación de 12 cámaras de seguridade
Mourence organiza unha ruta en bicicleta de montaña de 22 quilómetros o domingo 25
Para participar será obrigatorio levar bicicleta de montaña e casco
Vilalba acollerá o 17 de outubro a XIII Xornada de Apicultura Serra da Carba
Ás 18.00 horas terá lugar unha charla a cargo de Alberto Uría, de El país del Abeilleiro, baixo o título 'Como facer apicultura compatible cos polinizadores silvestres'
Entrepinares recibe tres millóns de euros da Xunta para emprender o seu plan de investimento en Vilalba
O financiamento enmárcase nos plans de desenvolvemento industrial da compañía e impulsará o proxecto de produción de queixo cottage na fábrica chairega, xunto con outras iniciativas
Lanzós celebra este sábado a súa XI Festa da Xuventude con tres grandes orquestras
A parroquia vilalbesa reunirá música, gastronomía e actividades para todas as idades nunha xornada que contará coas actuacións de Punto Clave, Los Satélites e París de Noia
Os obradoiros contra a desinformación do Colexio de Periodistas chegan a Vilalba e Castro de Rei
A asistencia a ambos os dous actos é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa
O Iescha presenta en Vilalba a terceira edición de 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
O libro chega xa á súa terceira edición e continúa medrando como un proxecto participativo que busca expresar a solidariedade galega co pobo palestino
Eventos
Obradoiros, xogos e animación centran o programa de Samaín de Vilalba
A Biblioteca Municipal acollerá o 29 de outubro dúas sesións de contacontos con Sole Felloza, mentres que o domingo 1 a praza da Constitución será o escenario dunha tarde de actividades
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza clases de baile os martes
As clases inclúen diferentes estilos, como bachata, merengue, salsa e bailes de salón, ademais doutras modalidades
O PP acusa á alcaldesa de “non ter proxecto serio para Vilalba” e de "cambiar de idea" sobre la estación de autobuses
Os populares consideran as últimas declaracións de Marta Rouco “oportunismo político” e esíxenlle “deixar traballar á Xunta e non poñer paus nas rodas” ante as propostas para o centro
Vilalba proxecta o documental 'O silencio herdado' dentro do Ciclo Mestre Mateo 2026
A obra de Lucía Dapena González poderá verse o domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta previa reserva
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza cursos de costura e bolillos
As sesións desenvolveranse os domingos, en horario de 10.30 a 12.30 horas no primeiro caso e os luns de 17.00 a 19.00 horas no segundo
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Vilalba pide a Rueda unha solución para a estación de autobuses e propón destinar os terreos a vivenda pública
A alcaldesa Marta Rouco reclama actuar tras anos de reunións sen avances e aposta por buscar unha nova localización que ofreza un servizo máis accesible, seguro e cómodo











