Novas de Xermade
Sotavento celebrará unha xornada eólica para achegar ao público o aproveitamento da enerxía do vento
A actividade desenvolverase entre as 10.30 e as 12.30 horas nas instalacións do parque eólico e permitirá ás persoas participantes coñecer de preto o funcionamento desta tecnoloxía
Xermade inaugura o seu Centro Internacional da Torneiría na antiga rectoral e presenta a nova edición do Encontro
O proxecto contou cun investimento superior aos 400.000 euros procedentes do Instituto para a Transición Xusta, aos que se sumou a colaboración económica da Deputación de Lugo
Convocan unha misa reivindicativa para reclamar a mellora da estrada LU-170 entre Momán e Viveiro
A iniciativa chega despois de varias reclamacións realizadas nos últimos anos para demandar a mellora da infraestrutura
Cazás celebrará esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Carme e San Xulián
A sesión vermú del domingo estará amenizada polo dúo Calibre, que será o encargado tamén de poñer a nota musical á segunda xornada das festas
A Asociación de Veciños de Cabreiros organiza unha viaxe de sendeirismo por Cangas do Morrazo
A organización informou de que o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 8 de xullo
Xermade entrega os premios do certame Xermadeando pola Igualdade o vindeiro 29 de xuño
Tras a entrega dos galardóns, ás 17:30 horas, terá lugar o contacontos 'Mulleres de Pedra', unha proposta cultural centrada en historias de mulleres
A veciñanza de Roupar fará unha cea de San Xoán o martes
O menú consistirá en paella, liscos, patacas, sobremesa, café e licor
Extinguido o incendio de Xermade mentres continúa controlado o lume de Padrón
No incendio xermadés arderon 36 hectáreas e no coruñés 350
Desactivada a situación 2 no incendio forestal de Boborás e activouse outro lume en Roupar, Xermade
A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún incendio forestal
A Capela de Santa María acolle a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos
A mostra reúne máis de 70 pezas realizadas por artesáns e artesás participantes no Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade
A Biblioteca de Xermade entregará os premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas nunha tarde de teatro
Terá lugar a representación teatral 'As letras que voan con nome de muller', a cargo de Trémola Teatro
O CIM móbil continúa o seu percorrido visitando 13 concellos da provincia de Lugo este mes
O novo delegado territorial, Alfonso Villares, visitou hoxe en Xermade un destes centros, que ofrecen información e asesoramento gratuíto en materia de igualdade e violencia de xénero
O CIM móbil achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Xermade este xoves
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
Xermade organiza unha excursión co título 'Ferrol en Igualdade 2026'
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 10 de xuño no teléfono 678 744 178
O Xermade conquista a Copa tras vencer pola mínima ao Ferreira
O club xermadés puido celebrar a conquista dunha copa histórica para o club, que suma así o primeiro título desta competición nos seus 46 anos de historia
Eventos
OcioenGalicia
Arao Festival de Foz 2026
OcioenGalicia
Fiestas de San Roque de Ribadeo
OcioenGalicia
XLII Feira de Artesanía de Viveiro
Cazas celebrará o día 30 unha gran xuntanza popular no Campo da Pastora
Durante a tarde haberá animación musical a cargo do DJ Señor Magick e actividades para o público infantil
Cabreiros remata este sábado as Letras Galegas nas Xornadas Interxeracionais Rurais
Durante esta xornada daranse a coñecer diversos traballos premiados en edicións recentes no certame Xermade na Historia, centrados en aspectos demográficos, sociais e culturais do municipio
Recollen doazóns de sangue este martes en Xermade
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas ao lado do Concello
Xermade acollerá un obradoiro sobre envellecemento activo promovido por Afalu Alzheimer
A iniciativa busca abordar conceptos clave e factores que inflúen no benestar durante a etapa adulta
Cabreiros celebra este sábado as Letras Galegas nas Xornadas Interxeracionais Rurais
O programa inclúe intervencións de distintas persoas expertas, lectura de textos por parte do club de lectura de Cabreiros e unha representación teatral
Xermade celebrará un obradoiro de artes gráficas e pintura téxtil polo Día das Letras Galegas
O obradoiro está centrado na creación de pezas téxtiles elaboradas principalmente con algodón e liño e realizadas con materiais que priorizan o orgánico e as tinturas directas sen reactivos químicos
Roupar celebrará o próximo venres a recuperada Festa dos Callos e o Festival Folk
A parroquia inicia así as festas na honra a San Estevo, que se prolongarán ata o domingo







