Novas de Cospeito
Rábade acollerá a próxima fin de semana a segunda Concentración Motoclub Rábade Biker's
A programación dará comezo o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións a partir das 9.30 horas. Ás 10.30 horas iniciarase unha excursión con parada no concello de Cospeito
O Festival Cultural Pozomouro celebrará a súa sexta edición o sábado 22 en Muimenta cunha ampla programación musical e cultural
A cita contará tamén cun mercadiño cultural con diferentes proxectos artesanais e creativos, así como cunha zona de acampada gratuíta
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
A música, a natureza e a cultura volverán darse a man na sexta edición do Festival Pozomouro
A Área Recreativa Ribas do Miño, en Muimenta, acollerá o 22 de agosto unha xornada con concertos, obradoiros, mercado cultural e zona de acampada gratuíta
Unha moción propón impulsar o polígono industrial de Cospeito con máis promoción e menos trámites
O concelleiro non adscrito Daniel Irimia defenderá no pleno unha iniciativa que reclama axilizar a implantación de empresas e reforzar a comercialización das parcelas dispoñibles.
A Escola Infantil Municipal de Cospeito despide unha nova promoción de alumnado de tres anos
As familias e a comunidade educativa acompañaron aos pequenos nun acto de graduación no que recibiron os seus diplomas e orlas
O PSOE de Cospeito denuncia deficiencias na escola infantil e o incumprimento do ratio do persoal
Pablo Alvariño alerta de que as inspeccións da Xunta constataron a falta de persoal esixido pola normativa, temperaturas de ata 30 graos e múltiples deficiencias no centro
Vilapene celebrará en agosto as festas na honra da Nosa Señora con tres xornadas de celebración
A primeira xornada festiva terá lugar o sábado 15 de agosto, a tradicional comida veciñal acompañada pola música do Dúo D' Caché Music
A Feira do Bonito e Produart ofrecerán unha tapa de filloa de Muimenta rechea de bonito
A cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, celebrará a súa corenta edición cun amplo programa de degustacións, actividades culturais, música e promoción do produto local
Santa Cristina, en Cospeito, celebra as festas esta fin de semana
Contará cunha xornada adicional o sábado 1 de agosto dedicada ao tradicional xantar veciñal
Regresa a ximnasia ao aire libre a Muimenta
Terá lugar todos os venres desde o 10 de xullo ao 11 de setembro, de 17.00 a 18.00 horas
Xunta e Concello de Cospeito avalían actuacións para mellorar infraestruturas
O Goberno autonómico impulsou nos últimos meses obras na rede viaria, o parque empresarial ou en recursos turísticos
Abren hoxe as piscinas de Cospeito ata o 2 de setembro
O horario de funcionamento da piscina será de 12.00 horas a 20.00 horas de luns a domingo
Cousas Nosas celebrará o seu 30 aniversario cun xantar de verán cheo de actividades e sorpresas
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata este martes, 30 de xuño
Declarado un novo incendio nas Fragas do Eume mentres continúan controlados os lumes da Capela, A Mezquita e Cospeito
Medio Rural mantén despregados numerosos efectivos nos distintos focos activos e investigan a posible intencionalidade do incendio rexistrado en Xermar
Pablo Alvariño, elixido novo secretario xeral e voceiro do PSdeG en Cospeito
O PSdeG provincial reafirma o seu compromiso co fortalecemento das agrupacións locais da provincia e coa preparación dun proxecto sólido de cara ás vindeiras eleccións municipais
Eventos
OcioenGalicia
Fiestas de Pumarega, en Castroverde
OcioenGalicia
Festival As Cores do Outono 2026
OcioenGalicia
III Feria de Exaltación del Cerdo en Narón
OcioenGalicia
More de la Cal llega al Fórum Metropolitano de A Coruña
OcioenGalicia
Andrés Suárez presenta su gira “Lúa” en A Coruña
Meira entrega dos premios do IX Certame Avelino Díaz tras recibir case 300 traballos de toda Galicia
Os galardóns foron para estudantes de Meira, Riotorto, A Pontenova, Lugo e para adultos de Ourense, Mugardos, Nigrán, A Baña, A Coruña e Cospeito
A ITV móbil agrícola estará en Cospeito a partir do martes
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o 23 e os venres, que será só de mañá
Cospeito celebrará o Festival Asubiíños cunha noite de música, humor e sorteos na Feira do Monte
Estará presentado polo pallaso Peter Punk, un dos artistas máis coñecidos do panorama galego no ámbito do humor e da animación
Moexmu e USC achegan posturas nunha reunión co novo vicerreitor
Abordouse a posibilidade de intensificar a cooperación mediante o desenvolvemento de accións formativas, especialmente dirixidas ao sector primario
Goá celebrará esta fin de semana as festas na honra de San Urbano e da Virxe de Lourdes
A noite do sábado, a partir das 23.00 horas, terá lugar unha gran verbena a cargo do propio grupo Fénix e da discoteca móbil EvenTec
Cospeito organiza un obradoiro de pintura téxtil en cinco localidades do municipio
As persoas participantes poderán aprender distintas técnicas de decoración e personalización de pezas téxtiles, aplicándoas a camisetas, bolsas ou outras prendas
Cospeito acollerá un maratón de fútbol sala a fin de semana
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de xuño, mentres que o sorteo dos emparellamentos terá lugar o día 4




