Novas de As Pontes
O BNG das Pontes chama á cidadanía a unha nova mobilización pola sanidade pública
Terá lugar este venres, 23 de outubro, ás 12.00 horas diante do Centro de Saúde das Pontes
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este venres
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen
Adrián Iglesias Mariño gaña o II Concurso de Fotografía As Pontes, Terra de Cogomelos
O segundo posto recaeu en Inés López Pertiño, pola imaxe dun Polyporus tuberaster, mentres que Miguel Ángel Gómez Vellón acadou o terceiro premio cunha fotografía de Laccaria sp
COHEMPO promove 'Somos de Barrio' para dinamizar o comercio local das Pontes
A campaña desenvolverase do 19 ao 29 de outubro e sorteará 100 bolsas e 50 camisetas de edición limitada entre as persoas que merquen nos establecementos adheridos á asociación
O PCG urxe ao Concello das Pontes a personarse contra o agresor fascista do sindicalista da CIG
Urxe aos partidos a actuar e que o Consistorio se presente como acusación popular no procedemento contra o agresor
O MOVA regresará ás Pontes con descontos e premios a fin de semana da Feira de Fungos e Cogomelos
O mercado desenvolverase na avenida da Coruña e poderá visitarse o sábado 31 de outubro, en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas, e o domingo 1 de novembro, de 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas
Remata a segunda fase das obras de mellora da rúa Pardo Bazán das Pontes
As actuacións forman parte dun plan progresivo de rehabilitación da vía, iniciado coa primeira fase en 2022, co obxectivo de mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade dos servizos
A CIG condena a agresión "fascista" a un compañeiro sindicalista das Pontes
A central chama a non cesar no combate fronte aos discursos de odio e os ataques ás liberdades fundamentais
Xosé María López Fernández gaña o XIX Premio de Investigación Ferro Caaveiro co seu estudo sobre o mito fluvial eumés
O xurado concedeu o segundo premio a Alejandro Castro Márquez e o terceiro premio foi para Xosé Carlos Sardiña Rodríguez
Rematan as obras de urbanización da praza do Barreiro nas Pontes
A actuación contou cun orzamento de 372.644,07 euros, financiado pola Deputación da Coruña
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
As Pontes busca novas alianzas empresariais para reforzar a industria e o emprego
Valentín González Formoso mantivo un encontro con empresarios locais no que abordaron o relevo xeracional e a diversificación económica do municipio
As Pontes programa un novo ciclo de actividades infantís dentro de Xoves na Biblio
A primeira cita será este xoves 8 na Casa Dopeso, co espectáculo 'Animais artistas e outras cousiñas', de Iván Dávila
O pontés David de la Encina foi nomeado novo delegado do Goberno en Ceuta
Aínda que boa parte da súa carreira profesional e política se desenvolveu no sur de España, mantén unha estreita relación con As Pontes
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este martes
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza do Carmen
A Asociación Amas de Casa das Pontes organiza unha viaxe a Vilanova de Cerveira e Valença
O prezo da actividade dependerá do número de persoas asistentes e requírese a inscrición previa
Eventos
A Deputación da Coruña reclama que polo menos a metade do canon da auga recadado reverta nos concellos
A proposta saíu adiante cos votos de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños fronte ao rexeitamento do PP e pide un sistema público e transparente de reparto
As Pontes proxecta este venres un documental sobre a vida e obra da fotógrafa Mary Quintero
A Casa Dopeso acollerá hoxe, 2 de outubro, a proxección de ‘Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade’, no marco da programación cultural de outubro
A Faeira prepara as festas na honra da Virxe do Rosario cunha ampla programación musical
A programación comezará o venres cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas
Organizan nas Pontes dúas charlas sobre o proxecto das instalacións da Rede de Transporte de Enerxía Maciñeira-Naraío
A primeira das reunións terá lugar hoxe, xoves 1 de outubro, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Painceiras, en Ribadeume, mentres que a segunda celebrarase o martes, ás 19.00 horas, na Asociación Veciñal de Saa
O MITECO abre o concurso para adxudicar 600 MW no nudo de transición xusta de Maciñeira
Vinculado ao peche da central térmica de carbón das Pontes, o texto dá continuidade á consulta pública previa iniciada en abril e xa pode ser consultado
As Pontes volve convocar o MOVA para os días 31 de outubro e 1 de novembro
Todos aqueles comercios interesados en participar poderán inscribirse, ata o 7 de outubro
As Pontes abre un novo grupo de iniciación ao gancho para aprender desde cero
As clases están deseñadas para comezar desde os coñecementos máis básicos e avanzar de maneira progresiva










