Novas de Muras
O PP de Muras condena o estado no que se atopa o Campo da Feira do Viveiró dous anos despois das obras
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a voceira municipal, Eugenia Requeijo, visitaron a zona
A asociación Atila celebrará o 19 de marzo a súa comida anual de socios en Muras
A programación da xornada comezará cunha ruta cabalar, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan
Caixa Rural Galega e a Fundación Juana de Vega asinan un convenio para cofinanciar o proxecto Saberes do Monte
A través de Saberes do Monte apoiaranse as actividades tradicionais vinculadas ao monte en cinco áreas piloto de Galicia para facilitar a conservación de hábitats prioritarios
O Concello de Muras activará este luns un servizo semanal de atención catastral
Estará aberto todos os luns en horario de 9:00 a 14:00 horas nas dependencias municipais
O PP reclama á Deputación a reparación inmediata dunha ponte en Muras
Antonio Ameijide e Eugenia Requeijo, voceira do PP de Muras, e varios veciños comprobaron "o gran perigo" que supón esta situación
Impulsan o recoñecemento internacional da Serra do Xistral como Paisaxe Emblemática Mundial
A incorporación á rede de Global Flagship Landscapes é froito da iniciativa da USC e do Centro Ibérico de Restauración Fluvial
Identificado como membro do PP o autor do roubo dunha cancela na aldea de Carelle
O Concello puxo a denuncia e alega que, unha vez restituída, presenta danos visibles, con cortes e unha colocación deficiente
A Mulleres Rurais de Muras sacan adiante o seu proxecto veciñal loitando contra a despoboación
A idea xurdiu da necesidade de ofrecer alternativas de lecer e formación nun concello marcado polo avellentamento da poboación e pola dispersión xeográfica
Cortan unha estrada en Muras ante o risco de derrubamento dunha ponte
Tamén están pechadas as que unen Begonte e Santalla, A Feira do Monte a Muimenta e a de Navia de Suarna ao Alto do Restelo
Muras acolle este martes unha charla sobre o primeiro parque eólico comunitario de Galicia
A reunión será na no local coñecido como Casa do Médico, ás 15:30
Tres meles da Terra Chá destacan na XVIII Cata da Casa do Mel das Pontes
Nesta edición participaron un total de once apicultores, unha cifra algo inferior á doutros anos
O Plan Sismigal recomenda plans municipais fronte a terremotos en seis concellos galegos
Galicia sitúase nunha zona de risco sísmico moderado dentro da Península Ibérica pero as recomendacións céntranse en Negueira de Muñiz, Ourol, Muras, Ribeira de Piquín, Chandrexa de Queixa e Parada de Sil
Muras acolle o venres un obradoiro interxeracional de Nadal organizado por Afalu
Os participantes poderán crear postais e adornos de Nadal para levar ás súas casas ou para agasallar
Abre o prazo para anotarse ao campamento de Nadal de Muras
Terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 e o 31 de decembro (24 e 31 incluído), todas as mañás entre as 10.00 e as 14.00 horas con actividades para todos
O Cargadoiro de Muras acada un novo récord con arredor de 100 exemplares vendidos na súa terceira edición
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
A voz dos alcaldes: “A calidade de vida dos veciños é o que nos move no día a día”
Manuel Requeijo Arnejo, rexedor de Muras, chegou á Alcaldía do concello menos poboado da Chaira logo dunha prolongada maioría do PP. Gobernou dúas lexislaturas en coalición e agora faino en solitario
Eventos
OcioenGalicia
Carlos Blanco en Burela
OcioenGalicia
Feria de antigüedades en Narón
OcioenGalicia
Jornada perruna en A Coruña
OcioenGalicia
Bestia Bebé en concierto en Vigo
OcioenGalicia
Vetusta Morla en concierto en A Coruña
OcioenGalicia
Alcuentru Trad-Urbán 2026
Reúnese en Galicia o comité de seguimento do programa do Fondo de Transición Xusta de España
Os concellos da provincia de Lugo dentro do programa son Muras, Xermade e Vilalba, xunto a As Pontes
O PP di que o alcalde nacionalista minte ao acusar a Requeijo de boicotear a Marca Muras
O alcalde aseguraba que a portavoz do Partido Popular acudiu a Abadín, onde goberna o PP, para por en marcha os cargadoiros
Convocada unha obra de teatro en Muras para este sábado
Será na Casa do Médico, ás 20.000 horas, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais
Muras instalará o 30 de novembro o cargadoiro para a venda de poldros
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Cristina Chao e Luis Pernas lideraron a cata da Feira do Mel de Montaña de Muras
Os recoñecementos entregáronse ao longo da xornada, aínda que o programa se iniciara xa o sábado cunha charla
A Feira do Mel de Montaña cumpre dez edicións como escaparate da calidade das producións apícolas de Muras
As producións locais son as protagonistas da feira, que se celebra o domingo 17 de novembro na Praza do Viveiró
Villar e Figueroa dominan a maratón no VIII Trail das Bestas de Muras
Máis de 400 deportistas participaron nas tres distancias (43, 27 e 12 km) nunha xornada rápida no Xistral, integrada nas Galicia Trail Running Series




