Novas de Vilalba
Codesido celebrará o San Xoán cunha gran xuntanza veciñal na Charca do Alligal
As persoas interesadas en asistir poderán adquirir os seus tickets a través dos organizadores ata o luns 15 de xuño
A Deputación de Lugo presenta en Vilalba o proxecto dunha aula móbil para a formación do sector forestal
O deputado de Promoción Económica e Social participou este venres na Asemblea Xeral de Lugomadera onde fixo o anuncio desta iniciativa pioneira
Remata a remodelación integral da pista do barrio de Pude, en San Simón da Costa
A actuación, executada polo parque móbil da Deputación de Lugo, permitiu mellorar un vial de 1,2 quilómetros que dá servizo a numerosas vivendas
Abre o prazo en Vilalba para pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán
Este rematará o luns 22 de xuño ás 14.00 horas
Vilalba Aberta solicitará que a Xunta convenie a contrución dun centro de día como fixo en Outeiro de Rei
A formación municipalista sostén que a anunciada futura residencia privada non pode ser a substituta dun servizo público, gratuíto e accesible para todos os veciños
O Ciclo Mestre Mateo 2026 levará a Vilalba curtametraxes, documentais e longametraxes galegas ata novembro
A proposta continuará o 3 de xullo cunha segunda sesión de curtametraxes e xa no mes de setembro chegarán as primeiras longametraxes
O Consello Local da Infancia e da Adolescencia de Vilalba aborda a inclusión e as actividades de verán
A súa segunda convocatoria correspondente ao curso 2025-2026, foi unha sesión centrada na participación activa da mocidade e na recollida de propostas para mellorar a vida no municipio
Abre en Vilalba a Bienal de PIntura do Eixo Atlántico, que pode visitarse no Auditorio
A alcaldesa destaca que “ter en Vilalba unha mostra internacional destas características permítenos achegar propostas de calidade á veciñanza e seguir consolidando unha programación viva e diversa”
Os Premios RAGC-UIE recoñecen a sete investigadores mozos das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo
Os premios principais foron para Verónica Bolón, Laura Castro e María Barreiro, e os accésit para Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado
Vilalba aproba as obras para renovar a rede de abastecemento da rúa Cidade de Viveiro
A primeira fase da actuación permitirá substituír integralmente a tubaxe de auga mediante unha nova rede de PVC e quedará completada nun prazo estimado de tres meses
A cuarta edición de Vintalba terá lugar este domingo na praza de Santa María
O mercado de segunda man continúa consolidándose como unha das propostas con mellor acollida dentro da programación dos domingos de feira
A poesía da Terra Chá resoou en Vilalba na décima edición de “No bico un cantar”
Máis de 400 nenas e nenos de toda Galicia participaron nun concerto coral que homenaxeou os poetas chairegos e anunciou unha futura edición dedicada a Xosé Neira Vilas
A Deputación adxudica as obras da estrada LU-P-6513 ao seu paso por Vilalba
Nesta vía mellorarase un tramo de practicamente 2 quilómetros -do 2,125 ao 4,000- que vai desde este municipio ata o límite provincial, pasando por Momán
Este sábado será a rapa das bestas en Vilapedre
A xornada contará cun amplo programa de actividades que darán comezo ás 10.00 horas coa baixada das bestas ata os curros
Catrocentos nenos e nenas cantarán á Terra Chá en Vilalba na décima edición de “No bico un cantar”
O recital celebrarase ás 17.30 horas na escalinata da Praza de Santa María, aínda que a programación comezará xa pola mañá coa chegada do alumnado e os ensaios previos
O Álbum de Galicia incorpora a entrada do autor vilalbés Agustín Fernández Paz
A entrada ofrece un amplo percorrido vital e intelectual pola súa traxectoria, desde a infancia en Vilalba ata a súa consolidación como un dos autores galegos máis lidos e recoñecidos dentro e fóra de Galicia
Eventos
Kevin Cuba proclámase subcampión de España sénior en Sagunto
O deportista competiu na categoría de 125 quilos, unha superior á súa habitual, en substitución do vilalbés José Cuba, que non puido participar debido a unhas molestias no xeonllo
Vilalba activa máis de 2.000 metros cadrados de solo industrial no Polígono de Sete Pontes cun novo proxecto empresarial
O Concello adxudica as parcelas 2 e 3 a unha emprendedora local que instalará unha empresa de maquinaria de construción
O PSOE de Vilalba "lamenta" o voto en contra do PP para reclamar á Xunta atención urxente para a estación de autobuses
“O PP pon unha vez máis os intereses do partido por diante dos intereses da veciñanza”, asegurou Marta Rouco
Vilalba acollerá a presentación da biografía novelada sobre Begoña Caamaño escrita por Beatriz Maceda
A obra reconstrúe a vida e a traxectoria da autora a través de personaxes simbólicas da mitoloxía clásica
O PP de Vilalba pedirá en pleno solucións para a climatización do PAI e do acceso ao aparcadoiro das Pedreiras
Preguntarán por novos aparcamentos públicos, o desbroce das pistas, as instalación de bases dos colectores do lixo, a resolución das alegacións ao inventario de camiños, a adxudicación do bar da Madalena e as actividades do verán
Belesar celebra as festas do Corpus Christi esta fin de semana
O venres 29 de maio, a partir das 22:00 horas, haberá pinchos gratuítos para todos os asistentes
O Pleno vilalbés estudará o novo regulamento para o servizo Concilia na Tarde, que arrancará o próximo ano
A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que será “un recurso fundamental para facilitar a conciliación das familias e responder a unha necesidade cada vez máis presente no municipio"










