Novas de Guitiriz
O Buriz pon data á súa tradicional festa do magosto
A programación arrancará ás 17.00 horas con propostas para os máis pequenos, que incluirán globoflexia, xogos, música e unha merenda
Varios concellos da comarca convocan minutos de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo
Os gobernos locais tamén expresaron o seu máis sentido pésame polas consecuencias do accidente e agradeceron o traballo dos servizos de emerxencia
O Txoko de Parga convoca este sábado o magosto e a festa de Samaín
O evento incluirá castañas asadas e viño gratis para todos, ademais de premios para os disfraces máis terroríficos e actuacións musicais
Guitiriz acolle un obradoiro con motivo do Mes da Ciencia
'Con ciencia de muller' terá lugar o vindeiro mércores 4 no soto da Escola Habanera
O Concello de Guitiriz abre o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil
En total, quedan dispoñibles oito prazas no grupo 2-3
Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera
A cita será de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar
Guitiriz desenvolve unha formación centrada en previr condutas de risco na mocidade
A sesión celebrarase o mércores 11 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas, no IES Poeta Díaz Castro, e o prazo de inscrición estará aberto ata o día 10
Recollen doazóns de sangue este sábado en Guitiriz
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 15.00 horas ao carón do Concello
O XXII Rally Rías Altas de Regularidade reunirá este sábado en Guitiriz un total de 43 pilotos
A proba celebrarase este sábado, 24 de outubro, cun percorrido polas provincias da Coruña e Lugo
Ábrese un novo prazo en Guitiriz para solicitar o traslado de pequenos ás actividades extraescolares
As solicitudes poderán presentarse de xeito presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica ata o venres 23
Concello e Diputación firman o convenio que permitirá rematar o CAM de Guitiriz na Casa da Botica
O acordo prevé unha achega provincial de 3.137.597,68€ e unha achega municipal de 115.016,74 euros, o que eleva o total do investimento a 3.252.614,42 euros
A Escola Habanera de Guitiriz acolle este sábado o espectáculo teatral infantil 'Cantaruxa Catuxa'
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música
BTTeando por Guitiriz’ regresa este domingo coa Ruta de Roca
Transcorrerá pola parroquia homónima ao longo dun percorrido de 20 quilómetros e 300 metros de desnivel e o prazo de inscrición pecha hoxe, xoves 15 de outubro
A mocidade de Guitiriz desfruta dun obradoiro de relatos para reflexionar sobre os valores democráticos
A especialista en literatura infantil e xuvenil, Sonia Hermida, é a encargada de impartir a sesión, que pretende achegar a historia recente de España ás novas xeracións
Últimos días para inscribirse no curso oficial de monitor de tempo libre de Guitiriz
Para participar será necesario ter cumpridos os 18 anos e contar co título da ESO ou equivalente
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Eventos
O Club Atletismo de Guitiriz celebra a súa II Gala para recoñecer aos seus deportistas
O Premio á Superación recaerá en Óliver, nun acto co que a entidade pretende recoñecer tanto os logros deportivos como o esforzo e a evolución dos seus integrantes
O Circuíto Profesional de Teatro arranca as súas actuacións cunha parada en Parga
Trécola Producións porá en escea 'Gaela quere ser druída', este xoves, ás 10.20 horas, no colexio de Santo Estevo, dirixido ao alumnado do centro
Guitiriz restrinxe o tráfico nun dos carrís da ponte dos Caneiros polo seu estado de conservación
A medida adoptouse tras recibir un informe da Confederación Hidrográfica, no que se determina a necesidade de realizar unha actuación nesta zona para garantir a seguridade
“As pequenas cousas que se fan a diario son as que inflúen na vida dos guitiricenses”
Marisol Morandeira Morandeira encadeou dúas lexislaturas consecutivas no Goberno tras catro anos da tamén socialista Regina Polín, coa que compartiu Goberno
Volve a Guitiriz o programa Recreos con froita
O obxectivo que persegue o goberno local é incrementar e afianzar o consumo de froita durante a infancia
O Concello de Guitiriz inviste preto de 10.000 euros na mellora dos espazos de xogo dos centros educativos
A actuación, financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos 2026 da Deputación, permitiu realizar melloras no CEIP Lagostelle e no CEIP Santo Estevo de Parga
O Goberno autoriza 30,1 millóns para rehabilitar 60,4 quilómetros da A-6 en Lugo
As obras desenvolveranse entre O Corgo e Guitiriz, na calzada en sentido A Coruña, e buscan reforzar o firme e mellorar a seguridade e o confort da circulación









