Infraestructuras
Comeza o proceso de selección de persoal para ampliar os seis parques de bombeiros da provincia de Lugo
Un total de 233 persoas competirán polas 37 prazas que se ofrecen, das que 11 son vacantes e 26 son de nova creación
Friol remata e reabre os parques infantís Rosalía de Castro e Félix Rodríguez de la Fuente tras ser renovados
Os dous espazos dispoñen de novos equipamentos e zonas de xogo, que xa comezaron a ser utilizados polos nenos e nenas
Rábade culmina a renovación da sinalización viaria en varias rúas do casco urbano
Nas próximas semanas comezarán tamén os traballos de mellora do Centro de Interpretación da Casa das Insuas e a reforma da antiga Praza de Abastos
As queixas sobre a situación do Muiño do Pacio levan ao BNG de Pol a pedir o seu acondicionamento
Diversas entidades culturais e asociacións de caravanistas reclaman o aproveitamento e posta en valor do lugar
A Casa da Cultura de Vilalba estrea nova cuberta tras anos de problemas de filtracións
A actuación foi posible grazas a un convenio coa Deputación de Lugo que permitiu financiar o 80% do custo dos traballos
GaliciaXa
26 concellos galegos reciben as achegas para investimentos estratéxicos
Resultaron beneficiarias dez propostas presentadas na provincia da Coruña con 3,7M€, seis de Ourense con máis de 1,7M€, cinco de Pontevedra con 2,2M€ e outros cinco en Lugo, tamén con 2,2M€
O Concello de Guitiriz creará un inventario de vivendas para mellorar a xestión do seu territorio
O proxecto, que contará cun orzamento de 18.021€, consiste na elaboración dunha base de datos que permitirá identificar cada casa, facilitando así a prestación de servizos municipais
Rematan as obras de reparación da ponte pontesa sobre o Chamoselo en Pedrafita
A intervención consistiu na demolición da antiga estrutura e na construción dunha nova ponte de formigón armado
Villares supervisa en Cospeito a achega que permitirá construír unha pista deportiva
O Concello resultou beneficiario este ano dunha achega autonómica de 39.596 euros para a construción desta infraestrutura municipal destinada á práctica de tenis
O Concello das Pontes investirá máis de 120.000 euros na mellora de dous camiños rurais en San Pedro de Eume e O Aparral
As actuacións, financiadas por AGADER a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027, permitirán reforzar a seguridade viaria e as comunicacións en zonas rurais do municipio
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación destina máis de 393.000 euros a concellos, empresas e ao sector forestal
O patio exterior do CEIP O Salvador será renovado para mellorar a seguridade do alumnado
O Concello da Pastoriza actuará sobre o pavimento deteriorado das instalacións co obxectivo de garantir unhas condicións máis seguras para os escolares
A renovación integral da LU-115 mellorará a conexión entre Outeiro de Rei e Castro Ribeiras de Lea cun investimento de 1,5 millóns de euros
A Xunta inicia as obras de reforzo do firme nos 11 quilómetros da estrada, unha actuación que se executará nun prazo de seis meses
O PSOE de Abadín cuestiona as prioridades do investimento municipal en Vilarente
Os socialistas recollen unha denuncia veciñal sobre o estado dunha pista e critican o gasto de máis de 12.000 euros na mellora do palco de Seivane
Finalizan as obras da ponte sobre o río Chamoselo tras os danos causados polas intensas choivas
O Concello das Pontes investiu máis de 96.000 euros na reconstrución da infraestrutura, situada na Pedrafita, para recuperar a conexión viaria con maiores garantías de seguridade
Máis de 200 metros de pista renovados para mellorar as comunicacións no barrio de Guntín
A actuación, executada coa maquinaria do parque móbil da Deputación de Lugo, forma parte do plan municipal de rexeneración de camiños e pistas no rural de Vilalba
A Xunta mobiliza máis de 760.000 euros para impulsar melloras en infraestruturas e servizos en Begonte
Os investimentos inclúen o acondicionamento de camiños rurais, actuacións no Belén de Begonte, na escola de música de Baamonde e o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar
Comezan as obras de mellora do conxunto histórico de Castro de Rei cun investimento de 150.000 euros
Os traballos actuarán en distintos puntos do casco histórico, incluíndo a renovación e rehabilitación das beirarrúas da Praza Maior, a subida á igrexa, a propia praza e a rúa Amigos da Feira
Arrancan as obras de mellora do Cinto Comarcal en Outeiro de Rei, Begonte e O Corgo
Os traballos, que supoñen un investimento de 604.153 euros, permitirán renovar o pavimento en distintos treitos, mellorar a drenaxe e reforzar a seguridade viaria e as condicións de circulación
O PP de Vilalba denuncia deficiencias na área de autocaravanas
Os concelleiros do Partido Popular tamén defenderán unha iniciativa para apoiar a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega
Arrancaron as obras de mellora da estrada entre Friol e Lousado cun investimento de máis de 275.000 euros
Os traballos comezaron coa limpeza de cunetas e continuarán coa drenaxe, labores de saneo e do firme, ademais da pavimentación e reposición da sinalización
O PSOE de Cospeito denuncia deficiencias na escola infantil e o incumprimento do ratio do persoal
Pablo Alvariño alerta de que as inspeccións da Xunta constataron a falta de persoal esixido pola normativa, temperaturas de ata 30 graos e múltiples deficiencias no centro
Abadín renovará 156 puntos de luz con tecnoloxía LED para mellorar a eficiencia enerxética
O proxecto, financiado integramente polo Fondo de Compensación Ambiental, suporá un investimento de máis de 94.000 euros e permitirá reducir o consumo eléctrico e os custos de mantemento
Friol executa obras de abastecemento de auga para 19 vivendas nos barrios da Noite e Os Castelos
As obras consisten na instalación das conducións necesarias para conectar as vivendas á rede municipal, reforzando as infraestruturas hidráulicas do municipio



