Novas de Vilalba
O Guitiriz xogará polo ascenso a Primeira tras un intenso final de Liga
Final de competición tamén en Primeira, onde o Vilalbés B remata quinto e mantén a categoría
O Club Loitas Olímpicas Vilalba remata terceiro na final da Liga de Deporte Base
O club pecha a competición máis lúdica das categorías inferiores, aínda que varios dos seus deportistas continuarán participando noutras probas nas próximas semanas
O Museo do Castro de Viladonga inaugura a exposición 'Do Ser e dos Faceres Chairegos'
A exposición recolle distintos traballos realizados arredor dos oficios tradicionais e do patrimonio cultural da Terra Chá
Últimos días para participar na 52 edición do Certame Literario de Vilalba
O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora
A cuarta edición de Vintalba celebrarase o día 7 de xuño na praza de Santa María
O mercado de segunda man continúa consolidándose como unha das propostas con mellor acollida dentro da programación dos domingos de feira
Torre celebra as festas na honra a San Isidro este 16 de maio
A xornada festiva comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo trío Ronsel
Mestura de Nete dedicará o festival solidario do sábado á Fundación Diego González Rivas
Ademais, as persoas que queiran colaborar poden participar na rifa solidaria por tan só 1 euro, coa posibilidade de gañar uns zocos de home, uns zocos de muller, un baleirapetos ou uns calcetíns
O centro de transformación do mel impulsado en Vilalba estará operativo no mes de outubro
O proxecto céntrase na rehabilitación da antiga Escola da Pedragosa, un espazo que será acondicionado nos próximos meses para acoller esta nova infraestrutura
O orzamento de Vilalba para 2026 quedou aprobado tras non presentarse unha moción de censura
O proceso iniciárase tras o pleno celebrado o pasado 26 de marzo, no que o documento económico fora rexeitado cos votos do PP e do BNG
A Xunta inviste máis de 2,4 millóns na mellora do firme de tres estradas autonómicas da provincia de Lugo
As actuacións desenvolveranse nos concellos de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei para reforzar a seguridade viaria e renovar o pavimento
A Asociación de Veciños de Goiriz organiza unha excursión a Chantada e O Saviñao
A ruta incluirá visitas á igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, ao casco histórico de Chantada e á igrexa de San Estevo de Ribas de Miño
O Auditorio Municipal de Vilalba acolle o concerto 'Na casa delas' do cuarteto vocal Son de Corda
O recital celebrarase este domingo 10 de maio ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba
A Banda de Música de Vilalba ofrecerá un concerto especial no Centro Cultural e Recreativo
O evento será de acceso libre e gratuíto e pretende converterse nunha cita destacada para os amantes da música e da cultura local
Vilalba vive esta fin de semana a XII Ruta Turística 4x4
As actividades comezarán o venres, cunha xornada de benvida que inclúe inscricións e pinchos no Hostal Terra Chá, a partir das 21:30 horas
A Asociación Agarimo de Santaballa organiza unha excursión a Ribas de Sil e Quiroga
As prazas son limitadas a 23 persoas e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de maio
Lugo recibe á Garda Real cun amplo despregamento e un exercicio táctico ata o 10 de maio
Máis de 500 efectivos, vehículos, cabalos e cans participan nun operativo que culminará cunha xura de bandeira aberta á cidadanía
Trece celebrará as festas de Santa Comba cunha fin de semana chea de música e tradición
A organización destaca que o recinto contará con campo cuberto con carpa, garantindo así o desenvolvemento das actividades independentemente das condicións meteorolóxicas
O Pleno de Vilalba aproba investimentos de máis dun millón de euros para mellorar servizos e infraestruturas
A renovación do saneamento da rúa Plácido Peña, cun investimento de máis de 800.000 euros, marca un pleno centrado nas necesidades reais da veciñanza
Continúan en Meira, Vilalba e Guitiriz as proxeccións do documental '360 curvas'
Está rodado sobre as protestas contra os recortes de servizos no rural protagonizadas pola veciñanza da Fonsagrada nos anos noventa
Vilalba acolle a presentación de 'Memorias dun porco teixo', a nova obra de Xosé Manuel Felpeto
Correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen dará a coñecer os detalles desta publicación editada por Tris Tram
O CEIP Insua Bermúdez convoca o concurso escolar Benxamín Paz
Os traballos serán dirixidos ao colexio antes do 15 de maio e contarán con varios premios
Vilalba acolle este domingo unha nova edición da Feira de Artesanía vilalbesa
Terá lugar na Praza de Santa María, dentro da aposta da Alcaldía por dinamizar os domingos de feira




