Novas de Vilalba
Entrepinares obtén catro premios nos International Cheese & Dairy Awards
O queixo tostado añejo, presente nos lineais de Mercadona, foi recoñecido cunha medalla de ouro neste certame internacional de referencia para o sector queixeiro e lácteo
Vilalba ultima o prazo para solicitar o servizo de madrugadores e o comedor da Escola Infantil
O primeiro estará dispoñible nos centros educativos CEIP Antonio Insua Bermúdez, CEIP Manuel Mato Vizoso, EEI de Vilalba e CEIP Terra Chá
O Iescha organiza unha nova edición da ruta “Por Galicia adiante” con destino a Viveiro
A excursión celebrarase o 5 de xullo e incluirá a asistencia á Rapa das Bestas de Candaoso, visitas guiadas por Celeiro e Viveiro e xantar no Monte San Roque
Os Cabaleiros da Chaira organizan a súa primeira ruta cabalar o 4 de xullo en Vilalba
As inscricións permanecerán abertas ata o día 1 de xullo
O Centro Cultural de Vilalba recupera por unha noite o espírito da mítica Discoteca Troco
A cita dará comezo ás 23.00 horas e contará coa participación de Marcos Peón, DJ residente da lendaria sala
O Iescha organiza en Vilalba unha palestra sobre memoria democrática a cargo de Xavier Fernández Rodríguez
A conferencia abordará cuestións relacionadas coa memoria histórica e educativa, un dos principais ámbitos de investigación do relator
O Iescha organiza en Vilalba un cinefórum sobre os eclipses e a súa presenza na historia do cinema
Durante a charla, Pawley realizará un percorrido por distintas películas nas que os eclipses teñen un papel destacado
O Vilalbés celebra o sábado a festa de final de tempada
A xornada festiva comezará ás 13:30 horas cunha gala no auditorio municipal, á que seguirá un xantar
O PP de Vilalba reclama un cambio na política industrial do Concello e critica a xestión do goberno local
Os populares felicitan a adxudicación de novas parcelas no polígono industrial, pero consideran que a medida é unha excepción dentro dunha etapa marcada pola falta de iniciativa
Vilalba presenta o programa das Festas de San Ramón e Santa María, que mudan de formato
As sesións vermú ampliaranse ata as tres horas na Praza da Constitución e as verbenas concentraranse no Campo da Feira
Entrepinares investirá na súa fábrica de Vilalba 20 millóns para fabricar Queso Cottage
A súa posta en marcha está prevista para o segundo semestre de 2027 e contempla un período de execución de aproximadamente 18 meses.
A RAGC distingue na súa gala anual a sete investigadores de comunidade autónoma
Houbo galardóns para investigadores nados en Carballo, Valencia, O Rosal, Betanzos, Vilalba, A Coruña e Outes
A Nocturna San Ramón volverá a Vilalba o 22 de agosto como un acto previo ao inicio das festas
A proba formará parte por segundo ano consecutivo do circuíto de carreiras populares da Terra Chá
Inauguran a oficina de emprego de Vilalba tras a remodelación realizada cun investimento de 756.000 euros
As novas instalacións dan servizo tamén á veciñanza de Guitiriz, Cospeito ou Xermade, tras terse atendido en 2025 case 5.600 citas
O Iescha presenta en Vilalba a novela 'Hoxe toca Leiva?' de Lois Pérez
O acto desenvolverase ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba e contará coa participación do propio autor
A Deputación investirá 338.000 euros en seguir a mellorar a estrada LU-P-6531 en Vilalba
A nova actuación permitirá rehabilitar preto de dous quilómetros dunha vía clave para a conexión do casco urbano coa A-8, varias parroquias e con Xermade
O PP de Vilalba alerta de que as obras na rúa da Pravia causan un prexuízo ao comercio
Os populares lamentan que as sucesivas reparacións pola “mala planificación” do goberno local danan gravemente a imaxe turística da vila
As piscinas exteriores da Madalena abren este luns ata o 31 de agosto
O horario de apertura será continuo, de luns a domingo, entre as 12:00 e as 20:00 horas
Codesido celebrará o San Xoán cunha gran xuntanza veciñal na Charca do Alligal
As persoas interesadas en asistir poderán adquirir os seus tickets a través dos organizadores ata o luns 15 de xuño
PROLAVI organizará en Vilalba un seminario sobre exoesqueletos industriais para mellorar a prevención laboral
A actividade desenvolverase o día 16 entre as 10.00 e as 13.00 horas nas instalacións da empresa, situadas no Centro Loxístico e Oficinas do Polígono Industrial Sete Pontes
Noche e Codesido celebran esta fin de semana as súas festas patronais con música, procesións e verbenas
Na primeira, as celebracións están dedicadas a San Antonio e á Virxe das Candeas e, na segunda, a San Antonio e San Martiño
Remata a remodelación integral da pista do barrio de Pude, en San Simón da Costa
A actuación, executada polo parque móbil da Deputación de Lugo, permitiu mellorar un vial de 1,2 quilómetros que dá servizo a numerosas vivendas




