Novas de Xermade
A Deputación adxudica as obras da estrada entre Palas e Friol e licita outra actuación en Xermade
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización
Xermade entrega os premios do certame Xermadeando pola Igualdade o vindeiro 29 de xuño
Tras a entrega dos galardóns, ás 17:30 horas, terá lugar o contacontos 'Mulleres de Pedra', unha proposta cultural centrada en historias de mulleres
Organizan en Roupar un obradoiro sobre remedios tradicionais con plantas medicinais autóctonas
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 19.30 horas e está dirixida ás persoas interesadas en coñecer os usos e aplicacións da medicina popular
Extinguido o incendio de Xermade mentres continúa controlado o lume de Padrón
No incendio xermadés arderon 36 hectáreas e no coruñés 350
Xa se poden pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán de Xermade
Estas solicitudes deberán presentarse no Concello antes do día 19 de xuño
A Capela de Santa María acolle a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos
A mostra reúne máis de 70 pezas realizadas por artesáns e artesás participantes no Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade
A Biblioteca de Xermade entregará os premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas nunha tarde de teatro
Terá lugar a representación teatral 'As letras que voan con nome de muller', a cargo de Trémola Teatro
Xermade celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente cunha proposta teatral para descubrir a vida das árbores
A iniciativa ofrecerá unha experiencia singular para achegar aos máis novos á figura da árbore desde unha perspectiva biolóxica, simbólica e emocional
O CIM móbil achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Xermade este xoves
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
O Xermade conquista a Copa tras vencer pola mínima ao Ferreira
O club xermadés puido celebrar a conquista dunha copa histórica para o club, que suma así o primeiro título desta competición nos seus 46 anos de historia
A Xunta entrega catro vivendas públicas nas localidades de Outeiro de Rei e Xermade
O delegado instou a todas as persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia
Recollen doazóns de sangue este martes en Xermade
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas ao lado do Concello
A Asociación XERando celebrará o 20 de maio a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Xermade
Será no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Xermade, situado na Avenida das Pontes
Cabreiros celebra este sábado as Letras Galegas nas Xornadas Interxeracionais Rurais
O programa inclúe intervencións de distintas persoas expertas, lectura de textos por parte do club de lectura de Cabreiros e unha representación teatral
Xermade celebrará un obradoiro de artes gráficas e pintura téxtil polo Día das Letras Galegas
O obradoiro está centrado na creación de pezas téxtiles elaboradas principalmente con algodón e liño e realizadas con materiais que priorizan o orgánico e as tinturas directas sen reactivos químicos
Roupar celebrará o próximo venres a recuperada Festa dos Callos e o Festival Folk
A parroquia inicia así as festas na honra a San Estevo, que se prolongarán ata o domingo
Eventos
OcioenGalicia
X Festival Rúa Ext-Cénica en Oleiros
OcioenGalicia
Fiestas del Carmen en Foz
OcioenGalicia
XXII Feira Outrora de Rubián
OcioenGalicia
David Planas expone En busca de la felicidad en Santiago
OcioenGalicia
VIII Fest Clásico Ribeira Sacra
OcioenGalicia
Feria de Cantería, Callos y Artesanía de Parga
Cabreiros abre as XXII Xornadas Interxeracionais Rurais cun programa centrado na memoria e na convivencia
Marisol Morandeira destacou o papel desta iniciativa como espazo de encontro entre xeracións e de reivindicación da cultura rural
Cabreiros inicia este sábado as Xornadas Interxeracionais Rurais 'Aprendendo cos nosos maiores'
A programación dará comezo ás 10:30 horas coa inauguración oficial das xornadas, seguida dunha exposición titulada 'A pedra seca'
Unha xornada en Momán promove o diálogo e desmonta bulos sobre migración entre persoas maiores
Durante dúas horas de actividade, desenvolveuse un espazo aberto ao diálogo, centrado en escoitar, compartir impresións e contrastar información, afastándose de posturas impositivas
“O mundo da escrita ten para mín unha prioridade bastante grande”
Xosé Manuel Felpeto vén de sacar ao mercado ‘Memorias dun porco teixo’
Momán de Xermade celebra o sábado 9 a Festa da Paella
O acto central será o xantar ás 14.30 horas no campo da feira, pero haberá música con Marisol e torneo de tute
Burgás celebra esta ponte de maio as súas festas
As celebracións arrancarán o venres, 1 de maio, cunha sesión de pinchos de balde pola tarde
A biblioteca de Xermade celebra o Día do Libro con actividades participativas e unha presentación literaria
As persoas usuarias que acudiron a retirar libros recibiron como agasallo flores elaboradas con materiais reciclados




