Novas de Vilalba
O Concello de Vilalba e os empresarios de Sete Pontes reforzan a seguridade do polígono
O persoal municipal colocou os postes, executou as bases de formigón e instalou 1.500 metros de cableado eléctrico, cun investimento de arredor de 15.000 euros, para a instalación de 12 cámaras de seguridade
Os Premios Deporte Galego 2025 recoñecen o traballo dunha vintena de persoas e entidades
Os galardóns contan con 18 categorías e distinguen tamén o labor das entidades que promoven a actividade física e hábitos de vida saudable
Pontón destaca que o BNG con Francisco Novo é a alternativa para abrir un tempo novo en Vilalba
“Temos un proxecto de futuro para este concello que merece máis calidade de vida e máis dinamismo social, económico e cultural”, alegou
Mourence organiza unha ruta en bicicleta de montaña de 22 quilómetros o domingo 25
Para participar será obrigatorio levar bicicleta de montaña e casco
Os obradoiros contra a desinformación do Colexio de Periodistas chegan a Vilalba e Castro de Rei
A asistencia a ambos os dous actos é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa
Leti da Taberna levará o seu humor a Vilalba este xoves con 'Enredadas no Camiño'
A actuación terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez, e contará con entrada gratuíta
Obradoiros, xogos e animación centran o programa de Samaín de Vilalba
A Biblioteca Municipal acollerá o 29 de outubro dúas sesións de contacontos con Sole Felloza, mentres que o domingo 1 a praza da Constitución será o escenario dunha tarde de actividades
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza clases de baile os martes
As clases inclúen diferentes estilos, como bachata, merengue, salsa e bailes de salón, ademais doutras modalidades
Francisco Xavier Novo será o candidato do BNG á Alcaldía de Vilalba nas eleccións municipais de 2027
Participarán no acto de presentación do mesmo Zaida Currás, de Galiza Nova, e Ana Pontón, portavoz nacional do partido
Vilalba proxecta o documental 'O silencio herdado' dentro do Ciclo Mestre Mateo 2026
A obra de Lucía Dapena González poderá verse o domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta previa reserva
Movemento pola paz ofrecerá asesoramento xurídico en materia de estranxería en Vilalba
Unha avogada da asociación desprazarase a Vilalba o segundo martes de cada mes para atender as persoas derivadas desdeos servizos sociais municipais
Leti da Taberna levará o seu humor a Vilalba este mes con 'Enredadas no Camiño'
A actuación terá lugar o xoves 16 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez, e contará con entrada gratuíta
A Asociación de Mulleres Santa Águeda organiza un curso de costura, gancho e calceta en Corbelle
As clases desenvolveranse os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas e o prezo será de 25 euros por persoa
Vilalba aborda no Foro Xeneracambio os retos da Terra Chá e do medio rural
No encontra analizáronse cuestións como o acceso á vivenda, a mobilidade, o emprego, o relevo xeracional e a capacidade do territorio para atraer novos habitantes
A Tasca do Liño de Insua celebrará o 31 de outubro a súa XVIII edición con Rubén Riós como pregoeiro
A presente edición contará ademais cun novo patrocinio especialmente significativo para a organización: o da Fundación Adolfo Domínguez
Comezan as obras de renovación do saneamento da rúa Plácido Peña
A actuación, no marco do convenio entre o Concello de Vilalba e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, permitirá solucionar as filtracións de augas residuais que afectan desde hai anos a garaxes e inmobles da zona
Eventos
Vilapedre acolle un obradoiro de cociña saudable o venres
A sesión será impartida pola dietista Natalia Alonso Ares, de Nutrivitalia, co obxectivo de achegar aos participantes recursos prácticos para mellorar os seus hábitos nutricionais cotiáns
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este luns
O vehículo prestará servizo pola tarde na rúa Plácido Peña
Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Dilema
Goiriz acollerá este mes un novo curso de manualidades, cestería, restauración e tapicería
A actividade terá un prezo de 40 euros ao mes e xa ten aberto o prazo de inscrición, con prazas limitadas
A Cruz Vermella celebrará en Vilalba o Foro Generacambio para avanzar na inclusión e afrontar os retos da Terra Chá
A xornada terá lugar o 6 de outubro na Casa da Cultura e abordará sete retos relacionados co envellecemento, a mocidade, a vivenda, a mobilidade, o emprego e a chegada de novos poboadores
Vilalba pon en marcha a segunda campaña de recollida porta a porta de plásticos agrícolas
Para poder realizar a retirada, os plásticos deberán estar previamente separados doutros residuos
Convocada unha reunión coa veciñanza da parroquia de Alba para abordar as necesidades da zona
Esta terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 horas no Bar Cascudo











