Novas de Vilalba
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza cursos de costura e bolillos
As sesións desenvolveranse os domingos, en horario de 10.30 a 12.30 horas no primeiro caso e os luns de 17.00 a 19.00 horas no segundo
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Leti da Taberna levará o seu humor a Vilalba este mes con 'Enredadas no Camiño'
A actuación terá lugar o xoves 16 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez, e contará con entrada gratuíta
A Asociación de Mulleres Santa Águeda organiza un curso de costura, gancho e calceta en Corbelle
As clases desenvolveranse os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas e o prezo será de 25 euros por persoa
O BNG de Vilalba designa a Alfonso Baamonde Fernández como novo concelleiro
Substituirá a Tino Alvite e afronta esta nova etapa coa vontade de achegar ideas e traballar pola mellora do municipio
Goiriz celebra o próximo sábado a tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima
Terá lugar unha comida de confraternidade na Casa Escola logo da misa e pola tarde haberá sesión musical
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este luns
O vehículo prestará servizo pola tarde na rúa Plácido Peña
Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Dilema
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza un curso de informática e ciberseguridade
A formación abordará cuestións relacionadas coa protección de datos, a navegación segura, as boas prácticas en liña e a prevención de ameazas
O PP denuncia o cobro en Vilalba de taxas non establecidas no convenio da depuradora por parte da CHMS
Os populares lamentan que o Goberno de España pase ao Concello un recibo da Tarifa de Utilización da Auga cando “foi aprobada despois da sinatura do convenio para obras de saneamento”
A Deputación de Lugo entrega os VII Premios á Excelencia Turística a catro iniciativas
Os premiados: viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
Arranca un proxecto de dinamización da praza de Santa María nos domingos de feira
A iniciativa celebrarase o domingo 4 de outubro de 10:00 a 14:00 horas e reunirá produtores de alimentos e bebidas vinculados ao territorio
Vilalba pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Teatro
A actividade comezará o 8 de outubro e contará con grupos infantil, xuvenil e de adultos
O Iescha organiza a XXIII Ruta Chairega polos muíños do Rego das Gándaras
A actividade terá lugar o domingo 4 e incluirá unha ruta de 12 quilómetros, xantar en Sobrado dos Monxes e unha visita libre ao mosteiro
Lanzós presenta o cartel da XI Festa da Xuventude, que se celebrará o día 17 de outubro
A parroquia vilalbesa reunirá música, gastronomía e actividades para todas as idades nunha xornada que contará coas actuacións de Punto Clave, Los Satélites e París de Noia
A Casa-Escola de Mourence retoma as clases de baile con salón e ritmos latinos
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 1 de outubro
Eventos
OcioenGalicia
XLVIII Rally San Froilán
OcioenGalicia
VI Jornada de Degustación de la Ternera de Ancares
OcioenGalicia
«Compaña», de Xampatito Pato, en Casa da Cultura (Ordes)
Vilalba achega a realidade da infancia galegofalante a través da fotografía de Alba Díaz
A mostra ‘A lingua do futuro / O futuro da lingua’ poderá visitarse no espazo A Chouzana desde o 3 de outubro ata o 1 de novembro
A Asociación de Empresarios de Vilalba programa formacións para os comercios locais durante o mes de outubro
Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro
Cristina Castaño suma o seu nome ao Paseo do Cine de Lugo nunha homenaxe á súa traxectoria
A actriz nacida en Vilalba foi recoñecida pola 48ª Semana de Cine de Lugo, nun acto no que tamén participou o Concello da súa vila natal
A Deputación inviste no parque de bombeiros de Vilalba para mellorar en rescates en aeroxeneradores
Incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura, como sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos
A IV Volta á Terra Chá Clásica reuniu afeccionados ao ciclismo clásico en Santaballa
A proba, organizada por Biciclistas Galegos, percorreu 70 quilómetros por Santaballa, Cospeito e Abadín e contou coa participación do excorredor profesional Iñaki Gastón
O Goberno de Vilalba levará a pleno a bonificación do 100 % dos vehículos históricos
A sesión tamén abordará a actualización das taxas pola prestación dos servizos de saneamento e subministración de auga
Vilalba leva o espectáculo ‘Can de palleiro’ ao parque Rosalía de Castro este xoves
A proposta de Dani Blanco, pensada para todos os públicos, combinará circo, humor e diversión a partir das 18:00 horas







