Novas de Vilalba
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
Movemento pola paz ofrecerá asesoramento xurídico en materia de estranxería en Vilalba
Unha avogada da asociación desprazarase a Vilalba o segundo martes de cada mes para atender as persoas derivadas desdeos servizos sociais municipais
Vilalba acollerá a proxección do documental ‘Prisciliano e a Gallaecia’
O Iescha organiza a actividade coa colaboración do Concello, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Arraianos Producións
Vilalba aborda no Foro Xeneracambio os retos da Terra Chá e do medio rural
No encontra analizáronse cuestións como o acceso á vivenda, a mobilidade, o emprego, o relevo xeracional e a capacidade do territorio para atraer novos habitantes
Goiriz celebra o próximo sábado a tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima
Terá lugar unha comida de confraternidade na Casa Escola logo da misa e pola tarde haberá sesión musical
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol presenta a súa oferta de cursos para o curso actual
A programación inclúe clases de zumba, adestramento saudable para maiores, costura, música, pilates e teatro
Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Dilema
Goiriz acollerá este mes un novo curso de manualidades, cestería, restauración e tapicería
A actividade terá un prezo de 40 euros ao mes e xa ten aberto o prazo de inscrición, con prazas limitadas
A Cruz Vermella celebrará en Vilalba o Foro Generacambio para avanzar na inclusión e afrontar os retos da Terra Chá
A xornada terá lugar o 6 de outubro na Casa da Cultura e abordará sete retos relacionados co envellecemento, a mocidade, a vivenda, a mobilidade, o emprego e a chegada de novos poboadores
Convocada unha reunión coa veciñanza da parroquia de Alba para abordar as necesidades da zona
Esta terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 horas no Bar Cascudo
Vilalba pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Teatro
A actividade comezará o 8 de outubro e contará con grupos infantil, xuvenil e de adultos
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
O Iescha organiza a XXIII Ruta Chairega polos muíños do Rego das Gándaras
A actividade terá lugar o domingo 4 e incluirá unha ruta de 12 quilómetros, xantar en Sobrado dos Monxes e unha visita libre ao mosteiro
Lanzós presenta o cartel da XI Festa da Xuventude, que se celebrará o día 17 de outubro
A parroquia vilalbesa reunirá música, gastronomía e actividades para todas as idades nunha xornada que contará coas actuacións de Punto Clave, Los Satélites e París de Noia
A vilalbesa Julia Cabarcos logra un histórico cuarto posto no Mr. Olympia
A deportista foi a primeira galega en clasificarse para esta competición e conseguiu en Las Vegas o mellor resultado español da historia do certame en Women's Physique
Vilalba achega a realidade da infancia galegofalante a través da fotografía de Alba Díaz
A mostra ‘A lingua do futuro / O futuro da lingua’ poderá visitarse no espazo A Chouzana desde o 3 de outubro ata o 1 de novembro
Eventos
A Asociación de Empresarios de Vilalba programa formacións para os comercios locais durante o mes de outubro
Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro
Cristina Castaño suma o seu nome ao Paseo do Cine de Lugo nunha homenaxe á súa traxectoria
A actriz nacida en Vilalba foi recoñecida pola 48ª Semana de Cine de Lugo, nun acto no que tamén participou o Concello da súa vila natal
A Deputación inviste no parque de bombeiros de Vilalba para mellorar en rescates en aeroxeneradores
Incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura, como sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos
Recollen doazóns de sangue en Vilalba este venres
O vehículo prestará servizo todo o día na rúa Plácido Peña
O Goberno de Vilalba levará a pleno a bonificación do 100 % dos vehículos históricos
A sesión tamén abordará a actualización das taxas pola prestación dos servizos de saneamento e subministración de auga
Rouco reclama á Xunta que devolva o 80 % do recadado co canon da auga en Vilalba
“Pedimos un sistema transparente, xusto e obxectivo de distribución do canon”, reclama o PSOE nunha moción que leva ao pleno deste xoves
Árdello e Eixo pon en marcha un curso de gaita e percusión para todos os niveis e idades
A actividade comezará o 1 de outubro e celebrarase os xoves a partir das 20.00 horas, con formación en técnica, repertorio, ritmo e coordinación











