Novas de Cospeito
A Deputación firma a venda dunha nova parcela no polígono da Feira do Monte
A mandataria provincial asinou no Pazo de San Marcos o acordo deste terreo no que se creará un taller mecánico de tractores
Irimia reclama axilizar o Plan de Inundabilidade para desbloquear o PXOM de Cospeito
O concelleiro non adscrito preguntou por tamén polas obras previstas no Centro de Día Vila de Valverde e pola cuberta do CPI Virxe do Monte
Pino acollerá novos obradoiros de ganchillo e costura a partir de outubro
As actividades están abertas tanto ás persoas socias como ao público xeral. Para os socios a participación será gratuíta, mentres que os non socios deberán aboar 15 euros
A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas anuncia os seus cursos para o 2026-2027
Inclúe actividades de costura, calceta e gancho, pilates, bailes de salón e ritmos latinos e clases de baile tradicional para nenos e adultos
A IV Volta á Terra Chá Clásica reuniu afeccionados ao ciclismo clásico en Santaballa
A proba, organizada por Biciclistas Galegos, percorreu 70 quilómetros por Santaballa, Cospeito e Abadín e contou coa participación do excorredor profesional Iñaki Gastón
A Deputación urxe á Xunta a recuperar a Torre de Caladaloba trala sentenza que lle dá a titularidade
Iria Castro lamentou que o goberno galego atrasase catro anos un procedemento que puido executar pola vía administrativa
A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Muimenta
O vehículo prestará servizo na praza Maior, entre as 16.00 e as 21.00 horas
O PSOE e Cospeito denuncia "o abandono" dos accesos á lagoa e pide unha actuación urxente
Pablo Alvariño critica que o alcalde siga sen reparar a pasarela de madeira nin limpar a maleza máis dun mes despois de recibir a advertencia no pleno
Asubíos da Chaira abre as inscricións para o curso 2026-2027 en Cospeito
A asociación ofrece formación en gaita, pandeireta, acordeón, percusión galega, baile tradicional e iniciación á música, entre outras propostas
Pino organiza cursos de pandeireta e baile tradicional a partir do 19 de setembro
As actividades terán un prezo de 10 euros ao mes para os socios e de 15 euros ao mes para os non socios
A voz dos alcaldes: “O meu obxectivo é acadar un concello moderno, dinámico e preparado para o futuro”
O alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, leva á fronte da Alcaldía de forma ininterrompida desde 1991, sempre con maioría absoluta e sostendo a porcentaxe de voto
Convocan a IX edición do premio de poesía Torre de Caldaloba
O Concello de Cospeito e a ARC San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ organizan de novo este certame
Máis dun millón de euros para mellorar os camiños e as vías rurais da Terra Chá
Os oito concellos da comarca beneficiáronse de actuacións para acondicionar infraestruturas que facilitan a mobilidade e o traballo dos produtores
A Moexmu 2027 xa ten datas, celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril
A actividade da organización continuará tamén en maio coa XXXVI edición da Festa da Filloa de Muimenta, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia
O Festival Cultural Pozomouro anima a participar na decoración da área recreativa Ribas do Miño
A actividade terá lugar hoxe,19 de agosto, a partir das 16.00 horas, e está aberta a persoas de todas as idades
Villares supervisa en Cospeito a achega que permitirá construír unha pista deportiva
O Concello resultou beneficiario este ano dunha achega autonómica de 39.596 euros para a construción desta infraestrutura municipal destinada á práctica de tenis
Eventos
Rábade acollerá a próxima fin de semana a segunda Concentración Motoclub Rábade Biker's
A programación dará comezo o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións a partir das 9.30 horas. Ás 10.30 horas iniciarase unha excursión con parada no concello de Cospeito
Veciños de Pino organizan unha excursión a Muxía e Vimianzo para o 13 de setembro
A viaxe inclúe transporte, almorzo, xantar e visitas á Virxe da Barca e ao Castelo de Vimianzo, con inscricións abertas ata o 4 de setembro
A música, a natureza e a cultura volverán darse a man na sexta edición do Festival Pozomouro
A Área Recreativa Ribas do Miño, en Muimenta, acollerá o 22 de agosto unha xornada con concertos, obradoiros, mercado cultural e zona de acampada gratuíta
A eclipse na comarca da Terrachá: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A Terra Chá situaranse entre as zonas de Galicia con maior duración da eclipse total, cun fenómeno que superará o minuto e medio en boa parte do territorio
Cospeito repartirá de balde lentes homologadas para seguir con seguridade a eclipse do 12 de agosto
As persoas empadroadas no municipio poderán recollelas na Casa do Concello ata esgotar existencias
Unha moción propón impulsar o polígono industrial de Cospeito con máis promoción e menos trámites
O concelleiro non adscrito Daniel Irimia defenderá no pleno unha iniciativa que reclama axilizar a implantación de empresas e reforzar a comercialización das parcelas dispoñibles.
San Martiño de Pino acollerá un obradoiro para promover o autocuidado a través de pequenas rutinas diarias
A proposta pretende demostrar que pequenas accións diarias poden xerar grandes cambios para sentirse mellor tanto por dentro como por fóra











