Novas de Vilalba
A Cruz Vermella celebrará en Vilalba o Foro Generacambio para avanzar na inclusión e afrontar os retos da Terra Chá
A xornada terá lugar o 6 de outubro na Casa da Cultura e abordará sete retos relacionados co envellecemento, a mocidade, a vivenda, a mobilidade, o emprego e a chegada de novos poboadores
Vilalba pon en marcha a segunda campaña de recollida porta a porta de plásticos agrícolas
Para poder realizar a retirada, os plásticos deberán estar previamente separados doutros residuos
A Liga Santaballesa abre as inscricións para os seus cursos da tempada 2026/2027
Entre as actividades programadas figura un curso de ximnasia de mantemento, os luns e xoves, e unha actividade de estimulación cognitiva, os martes
A Deputación de Lugo entrega os VII Premios á Excelencia Turística a catro iniciativas
Os premiados: viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
Lanzós presenta o cartel da XI Festa da Xuventude, que se celebrará o día 17 de outubro
A parroquia vilalbesa reunirá música, gastronomía e actividades para todas as idades nunha xornada que contará coas actuacións de Punto Clave, Los Satélites e París de Noia
A vilalbesa Julia Cabarcos logra un histórico cuarto posto no Mr. Olympia
A deportista foi a primeira galega en clasificarse para esta competición e conseguiu en Las Vegas o mellor resultado español da historia do certame en Women's Physique
Vilalba achega a realidade da infancia galegofalante a través da fotografía de Alba Díaz
A mostra ‘A lingua do futuro / O futuro da lingua’ poderá visitarse no espazo A Chouzana desde o 3 de outubro ata o 1 de novembro
A Asociación de Empresarios de Vilalba programa formacións para os comercios locais durante o mes de outubro
Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro
O PSOE de Vilalba considera “unha vergoña” que o PP local “respalde a discriminación da Xunta aos nosos veciños co canon da auga”
O pleno municipal aproba, coa abstención do Partido Popular, que o concello reclame ao goberno galego “o 80% do recadado no concello polo canon”
A Deputación inviste no parque de bombeiros de Vilalba para mellorar en rescates en aeroxeneradores
Incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura, como sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos
Rouco reclama á Xunta que devolva o 80 % do recadado co canon da auga en Vilalba
“Pedimos un sistema transparente, xusto e obxectivo de distribución do canon”, reclama o PSOE nunha moción que leva ao pleno deste xoves
Árdello e Eixo pon en marcha un curso de gaita e percusión para todos os niveis e idades
A actividade comezará o 1 de outubro e celebrarase os xoves a partir das 20.00 horas, con formación en técnica, repertorio, ritmo e coordinación
A Asociación de Veciños de San Cosme de Nete prepara a súa programación do curso
A oferta inclúe formación en música e baile tradicional, actividade física, labores artesanais e lingua de signos, con inscrición aberta ata o 25 de setembro
Vilalba suma un novo centenario coa celebración dos 100 anos de Pepe Cendán Paz
O veciño de Broz, na parroquia de Goiriz, celebrou o seu aniversario rodeado da súa familia e recibiu a homenaxe do Concello
Populares destacan en Vilalba que o Bono Concilia chegou a máis dun milleiro de fogares
Os deputados Raquel Arias e José Luis Novo visitan unha ludoteca en Vilalba
Fademur celebra en Vilalba unha xornada sobre emprendemento rural
A xornada 'Apoderadas: O rural tamén é noso' congregará arredor de 300 mulleres
Eventos
A vilalbesa Julia Cabarcos fai historia coa súa participación no Mr. Olympia en Las Vegas
A culturista converteuse na primeira galega en conseguir unha praza para esta competición, que se celebrará do 24 ao 27 de setembro
Vilalba acolle este sábado a presentación de 'Versos republicanos (e outros poemas)' de Carme Prieto Rouco
O volume, editado e acompañado dun estudo introdutorio de Mario Paz González, recupera poemas galegos publicados pola autora entre 1931 e 1936 e outras composicións anteriores e posteriores
Vilalba estrea a renovación dunha vía de 250 metros en Sancovade
Trátase dunha obra de mellora de camiños e accesos feita a través do parque móbil da Deputación
A Escola de Formación Entrepinares (EFEN) celebra nove anos de talento interno
Esta edición, inaugurada onte, marca un punto de inflexión na historia da escola ao ampliar o seu alcance e transformarse nun ecosistema de desenvolvemento adaptado a diferentes perfís profesionais e necesidades de negocio
Vilalba acollerá este venres a presentación de dous libros de Mero Iglesias sobre a cultura tradicional galega
O acto está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, e contará coa presenza do propio autor
Vilapedre amplía o prazo para apuntarse á IV edición da Festa do Bo Xantar
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa
A Deputación de Lugo repartirá 72 novas emisoras de comunicación portátiles nos seis parques de bombeiros
Técnicos da institución provincial recolleron estes dispositivos que mellorarán as condicións de traballo dos 120 efectivos e a prestacións do servizo aos cidadáns











