Novas de Cospeito
Pino acollerá novos obradoiros de ganchillo e costura a partir de outubro
As actividades están abertas tanto ás persoas socias como ao público xeral. Para os socios a participación será gratuíta, mentres que os non socios deberán aboar 15 euros
Organizan un curso de gancho todos os venres en Muimenta
Esta actividade terá lugar os venres de 16.00 a 18.00 horas na Casa da Cultura
A Lagoa de Cospeito acollerá unha xornada para achegar os máis pequenos ao mundo das aves
A proposta está organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Adopción de Exóticos (AGAE), Os Pillabans e Bosquea e desenvolverase entre as 11:00 e as 14:00 horas
Roás celebra esta fin de semana as súas festas e inclúe una degustación de produtos de razas autóctonas
Terá lugar o domingo 27, a partir das 14.30 horas, no campo da festa, onde se ofrecerán petiscos de xamón de Porco Celta, hamburguesa de carne de Limiá e empanada de Galo de Mos
O PSOE e Cospeito denuncia "o abandono" dos accesos á lagoa e pide unha actuación urxente
Pablo Alvariño critica que o alcalde siga sen reparar a pasarela de madeira nin limpar a maleza máis dun mes despois de recibir a advertencia no pleno
A Asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño arranca de novo o club de lectura
Lerase un libro ao mes e se reunirán o último venres na biblioteca da Casa da Cultura de Muimenta
Muimenta, Cospeito e Castro de Rei comezan unha nova campaña de impulso do comercio local
Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
AFALU prepara un programa de actividades polo Día Mundial do Alzhéimer
A asociación organizará durante setembro e outubro obradoiros, encontros, accións de sensibilización e actividades para familias e coidadores
Muimenta celebrará unha nova edición da Festa do Río o primeiro domingo do mes
Os tickets para a comida veciñal teñen un prezo de 30 euros, e poden adquirirse na mercería Teresa ou no restaurante Anillo ata o xoves 3
A voz dos alcaldes: “O meu obxectivo é acadar un concello moderno, dinámico e preparado para o futuro”
O alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, leva á fronte da Alcaldía de forma ininterrompida desde 1991, sempre con maioría absoluta e sostendo a porcentaxe de voto
Arneiro celebra as súas festas a partir do venres
Os festexos comezarán o venres cunha churrascada popular aberta a todas as persoas que queiran asistir
O Festival Cultural Pozomouro anima a participar na decoración da área recreativa Ribas do Miño
A actividade terá lugar hoxe,19 de agosto, a partir das 16.00 horas, e está aberta a persoas de todas as idades
Villares supervisa en Cospeito a achega que permitirá construír unha pista deportiva
O Concello resultou beneficiario este ano dunha achega autonómica de 39.596 euros para a construción desta infraestrutura municipal destinada á práctica de tenis
Rábade acollerá a próxima fin de semana a segunda Concentración Motoclub Rábade Biker's
A programación dará comezo o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións a partir das 9.30 horas. Ás 10.30 horas iniciarase unha excursión con parada no concello de Cospeito
Veciños de Pino organizan unha excursión a Muxía e Vimianzo para o 13 de setembro
A viaxe inclúe transporte, almorzo, xantar e visitas á Virxe da Barca e ao Castelo de Vimianzo, con inscricións abertas ata o 4 de setembro
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
Eventos
OcioenGalicia
Feira Agroalimentaria Local e Sostible en Ferrol
OcioenGalicia
Exposición 'Óleos de F. Gochi' en Ourense
OcioenGalicia
XVI Feira do Mel e do Queixo de Goente
O eclipse solar do 12 de agosto protagonizará unha charla divulgativa en Cospeito
A Casa da Cultura da Feira do Monte acollerá este domingo unha charla divulgativa con especialistas en física e medicina para explicar un dos fenómenos astronómicos máis destacados do século
Cospeito repartirá de balde lentes homologadas para seguir con seguridade a eclipse do 12 de agosto
As persoas empadroadas no municipio poderán recollelas na Casa do Concello ata esgotar existencias
Unha moción propón impulsar o polígono industrial de Cospeito con máis promoción e menos trámites
O concelleiro non adscrito Daniel Irimia defenderá no pleno unha iniciativa que reclama axilizar a implantación de empresas e reforzar a comercialización das parcelas dispoñibles.
A Escola Infantil Municipal de Cospeito despide unha nova promoción de alumnado de tres anos
As familias e a comunidade educativa acompañaron aos pequenos nun acto de graduación no que recibiron os seus diplomas e orlas
O PSOE de Cospeito denuncia deficiencias na escola infantil e o incumprimento do ratio do persoal
Pablo Alvariño alerta de que as inspeccións da Xunta constataron a falta de persoal esixido pola normativa, temperaturas de ata 30 graos e múltiples deficiencias no centro
Vilapene celebrará en agosto as festas na honra da Nosa Señora con tres xornadas de celebración
A primeira xornada festiva terá lugar o sábado 15 de agosto, a tradicional comida veciñal acompañada pola música do Dúo D' Caché Music
A Feira do Bonito e Produart ofrecerán unha tapa de filloa de Muimenta rechea de bonito
A cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, celebrará a súa corenta edición cun amplo programa de degustacións, actividades culturais, música e promoción do produto local






