Novas de Abadín
A Xunta acondiciona as marxes da estrada LU-113 ao seu paso por Moncelos
Os traballos inclúen a instalación de tubos e a execución de tramos de formigón como paso previo á futura construción dunha beirarrúa
Abadín acollerá unha charla sobre os proxectos das dúas macroplantas de biometano previstas no municipio
A xornada celebrarase o domingo na nave de Darío, na Praza de Gontán, e contará coa participación do profesor e experto en ecoloxía acuática Máximo Florín Beltrán
Abadín inicia as obras de mellora de varios camiños municipais
As actuacións afectan aos accesos aos núcleos da Choqueira, Chao do Covo, Carballal e Tezán e contan cun investimento de 105.971,50 euros financiado polo Plan de Camiños Rurais 2026
Pablo Díaz esixe solucións "urxentes" aos cortes de auga en Abadín
O PSdeG presentou o 2 de novembro unha solicitude colectiva, coas sinaturas das persoas afectadas, para reclamar un abastecemento con garantías
Abadín inicia as obras de mellora de oito camiños rurais do municipio
As actuacións abranguen vías situadas nas zonas do Valado, Zonán, As Veiguiñas, Os Tarraxís, A Choqueira, Chao do Covo, Carballal e Tezán
Pablo Díaz denuncia a falta de auga que sofren desde hai meses catro vivendas da Arca, Abadín
O voceiro do PSdeG critica a falta de resposta do PP "ante unha situación que afecta á vida cotiá das familias e ao coidado do gando"
A Deputación de Lugo remata a mellora da estrada LU-P-0108 entre Fosas e Canteirada, en Abadín
Os traballos incluíron a reapertura das cunetas para mellorar a drenaxe, o acondicionamento do firme mediante o estendido de aglomerado en quente e a reposición da sinalización vertical e horizontal
Abadín incorpora unha nova retroescavadora cun investimento de máis de 123.000 euros
Con esta adquisición, o Concello busca reforzar os recursos materiais dispoñibles para atender as necesidades da veciñanza e mellorar a prestación dos servizos públicos municipais
O PSOE de Abadín denuncia a falta do cartel da Deputación nas obras do pavillón de Baroncelle
Pablo Díaz acusa o goberno local do PP de incumprir as obrigas de publicidade do Plan Deputación e advirte de que esta situación podería poñer en risco as axudas provinciais
A Graña celebra as festas na honra da Nosa Señora do Rosario desde o venres
A noite do sábado, a música regresará coa verbena protagonizada polas orquestas D'Noche e París de Noia
O PSdeG acusa á Xunta de ter "un modelo improvisado e imposto" sobre a instalación de plantas de biogás
Patricia Iglesias reclamou unha planificación “xusta e racional” fronte ao “despropósito” que o Goberno galego “está executando de costas ao territorio e de costas á xente”
Abadín pon en marcha as súas Escolas Deportivas cunha programación para todas as idades
A iniciativa, que comeza este mes de outubro, ofrece actividades de bádminton, fútbol, patinaxe e natación, con varias propostas gratuítas
Vilarente, en Abadín, celebra esta fin de semana as festas na honra a Santa Margarita
Os festexos comezarán o venres 18 cunha churrascada a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación de Judith Cundíns
As obras de acondicionamento do pavillón de Baroncelle, en Abadín, encaran a súa fase final
A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións deste equipamento municipal e adaptar o espazo para o seu uso por parte da veciñanza durante todo o ano
Preto de 500 persoas participaron na Festa dos Maiores de Abadín
O Concello organizou unha xornada de convivencia marcada pola gastronomía, a música e o baile
O alcalde de Abadín asegura que non existe ningún proxecto presentado para instalar plantas de biogás
Nunha carta dirixida aos veciños e veciñas, o rexedor explica que a empresa promotora non rexistrou ningún proxecto para a súa tramitación municipal
Eventos
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
O Sindicato Labrego acusa á Xunta de favorecer ás empresas na avaliación ambiental dos proxectos
A organización critica a nova guía anunciada polo Goberno galego e reclama máis medios para garantir a participación da cidadanía nos procedementos
O PSOE de Abadín cuestiona as prioridades do investimento municipal en Vilarente
Os socialistas recollen unha denuncia veciñal sobre o estado dunha pista e critican o gasto de máis de 12.000 euros na mellora do palco de Seivane
Abadín renovará 156 puntos de luz con tecnoloxía LED para mellorar a eficiencia enerxética
O proxecto, financiado integramente polo Fondo de Compensación Ambiental, suporá un investimento de máis de 94.000 euros e permitirá reducir o consumo eléctrico e os custos de mantemento
'Saberes do Monte' bota a andar para impulsar a conservación e o desenvolvemento sostible
O proxecto desenvolverase ata 2028 en áreas piloto como Os Ancares, O Courel, Negueira de Muñiz ou a Serra do Xistral, combinando a protección da biodiversidade co apoio ás actividades tradicionais do rural
O SLG convoca o mércores en Gontán unha charla informativa sobre os proxectos de plantas de biogás
O encontro celebrarase ás 21.30 horas no Local do Darío, situado ao carón da nave do Cuba, e está aberto á participación da cidadanía interesada en coñecer máis detalles sobre estas iniciativas
Abadín mellora a drenaxe do acceso ao núcleo de Coido, na parroquia da Graña
Os traballos desenvólvense ao longo de 290 metros de estrada e inclúen a construción dunha cuneta remontable en forma de media cana









